O PP rexeita unha iniciativa para investir en politicas activas de emprego na nosa comunidade

O PP rexeita unha iniciativa para investir en politicas activas de emprego na nosa comunidade

O PP rexeita unha iniciativa para investir en politicas activas de emprego na nosa comunidade

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández interveu hoxe no Pleno do Parlamento para defender unha moción na que reclama ao Goberno de Feijoo modificar a súa política de emprego, investindo en políticas activas de emprego, e cando menos que manteñan o peso do emprego nos sectores estratéxicos.

O deputado tamén reclama manter o mesmo volume de fondos propios nos orzamentos do 2012, que se destinaban nos orzamentos de 2009 para políticas de emprego. A proposta foi rexeitada polo PP.

O parlamentario socialista denunciou que dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta “a taxa de paro creceu o dobre na nosa comunidade, que no resto do Estado”. Sinala que a taxa de emprego das persoas en idade de traballar reduciuse en 3,2 puntos, e a de paro aumentou en 5 puntos ata o 17,24%. E afirma que Feijoo suspende en tódolos baremos “paro rexistrado, afiliación, paro EPA , ocupados”.

Fernández López afirma que os indicadores sociolaborais de Galicia indican que “a perda de emprego galega duplica a media estatal, a diminución no número de afiliados é o dobre que a que se produce en España, hai mais de 82.000 empregos perdidos, e mais de 65.000 parados mais dende que Goberno o PP.

Hai un 21% menos de menores de 30 anos afiliados á Seguridade Social

No que se refire ao emprego xuvenil “hai un 21% menos de menores de 30 anos afiliados á Seguridade Social”. Ademais di que Galicia ocupa un dos primeiros postos do estado no crecemento interanual de Demandantes de Emprego non Ocupados.

Pola contra subliña que si hoxe en Galicia seguiran en marchas as políticas de emprego similares aos do Goberno do Estado “habería 20.000 galegos e galegas mais cun posto de traballo, e no sector agrogandeiro teriamos 5.000 afiliados mais.
na industria manufactureira tería 2.800 afiliados mais, e na sanidade pública teriamos 2.500 afiliados mais.

Lei de Autonomía persoal

E no que se refire aos servizos sociais teriamos 2.300 traballadores mais, pero replica que como “Rajoy xa dixo que a Lei de Autonomía persoal e axuda a dependencia non é viable, seguro que pensa o mesmo Feijoo e por iso non priorizou nesta área”.
No tocante ao ensino de Galicia, dixo que perdeu 0,2 puntos en vez de medrar en 2,3 como o fixo o Estado, polo tanto son 705 empregos menos.

E insistiu nas súas criticas “o PP non creen nos servizos públicos”, xa que a perda diferencial dende que goberna Feijoo, co respecto o conxunto do estado é de mais de 6.000 postos de traballo”.

Con este panorama subliña que “as políticas levadas a cabo polo goberno de Feijoo soamente afondaron na crise existente, e eliminaron o diferencial positivo que tiña Galicia fronte a media estatal”.

Orzamentos da Xunta

O deputado socialista lembrou ademais que os orzamentos da Xunta, no que se refire a financiar as políticas de emprego, prodúcese un recorte do 51,90% (case 86 millóns de euros). Critica tamén que Feijoo Este renunciou a continuar reclamando outro sistema de reparto dos fondos estatais da Conferencia Sectorial “tal e como se estaba a facer cando chegou ó goberno”, e replica que a súa posición “supuxo a práctica conxelación dos mesmos cando a proposta realizada implicaba un incremento de 131,4 millóns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar