O PP rexeita unha iniciativa para incrementar os recursos das bibliotecas públicas

O PP rexeita unha iniciativa para incrementar os recursos das bibliotecas públicas

O PP rexeita unha iniciativa para incrementar os recursos das bibliotecas públicas

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Concepción Burgo interveu no Pleno da Cámara, mediante unha moción, para reclamar mais recursos orzamentarios ás bibliotecas públicas. Alí dixo que as políticas de fomento do libro e a lectura de apoio as bibliotecas públicas teñen que ser unha prioridade para as administracións públicas. E asegurou que dende o PSdeG “estamos fondamente preocupados”, pola xestión que esta levando adiante o PP, e aludiu tamén as criticas verquidas pola asociación de bibliotecarios de Galicia e de Anabad.

Burgo denunciou, na súa intervención, que a Dirección Xeral do Libro Bibliotecas e arquivos esta facendo recortes nos orzamentos destinados ás bibliotecas e fomento da lectura “pola porta de atrás”, a través das modificacións de crédito.

Alí dixo que a metade dos fondos consignados dos orzamentos para a promoción e a educación en galego (400.000 €) , xunto con distintos programas de informatización das bibliotecas e incluso destinado a bibliotecas escolares son para añadilos aos orzamentos do AGADIC para contratar espectáculos efémeros.

Sinala que a estes recortes sumase os xa realizados no programa de bibliotecas e libro en galego nos orzamentos de 2011 “ que chegaron a un 53%”.

A parlamentaria socialista asegura que a proposta do PSdeG “non significa incrementar o presuposto senón garantir que se vai gastar realmente o destinado inicialmente as bibliotecas, que aínda sendo pouco polo menos é mais do que se está a facer agora”, insistiu.

A deputada lucense reclamou volver ao programa de adquisicións de novidades bibliográficas, de maneira que tódalas bibliotecas públicas da rede, e non tan só as nodais podan mercar libros libremente a través das peticións dos seus bibliotecarios e das preferencias dos o seus usuarios. Burgo sinalou que o Ministerio de Cultura e a Xunta asinaron un convenio por valor de 1.270.000 € a parte iguais para este asunto.
Dixo tamén que cos fondos deste convenio a Consellería de Cultura quere mercar libros as editoriais galegas mediante o programa de apoio a edición en galego, pero advirte que “este programa ten unha partida propia nos orzamentos, rebaixada nun 50% respecto o anterior goberno que chega a 800.000 €”. E mentres a Consellería retirou a metade 400.000 € para destinalos o AGADIC, e tenta cubrilos co diñeiro do convenio co Ministerio.

Afirma que esto é unha trampa que deixa as bibliotecas públicas de moitos concellos na imposibilidade de ampliar os fondos bibliográficos e mercar as novidades editoriais. Por iso reclama tamén que devolvan os 400.000 retirados da partida de apoio a edición en galego, e que o total sexa xestionado independentemente do convenio co Ministerio.

Denuncia tamén que os recortes para as adquisicións de novos fondos nas bibliotecas públicas se reduce un 100%, o que significa que desaparecen, e as bibliotecas e librerías vense moi afectadas.

Dirección Xeral do Libro

Tamén solicitou que a Dirección Xeral do libro e bibliotecas asuma a súa responsabilidade, xa que considera “absolutamente escandaloso que se cree esta Dirección Xeral para facer unha política de recortes severos nas bibliotecas públicas”

A maiores denuncia que a política de apoio as bibliotecas públicas non se pode reducir a Biblioteca da Cidade da Cultura “como está facendo o Goberno de Feijoo, nin sequera as bibliotecas nodais, preocúpanos o futuro das bibliotecas nos concellos pequenos”, replicou.

Ademais cualificou “ de absurdo” que se apoie o programa de dinamización da lectura cunha cantidade de 50.000 para 240 bibliotecas de Galicia. E insistiu “ na nosa Comunidade non existe unha política de fomento de lectura”.

6 millóns de euros para o Ano da Musica

Burgo criticou que a Xunta confunda Cultura con espectáculo, e advirte que mentres a Xunta di que non ten orzamentos para bibliotecas, Feijoo gasta 6 millóns de euros na contratación de artistas estranxeiros para facer o que mais lle gusta ao Conselleiro os espectáculos efémeros.

Tamén alertou sobre os problemas económicos que sufre a industria editorial galega, que ten unha perda do 9%. Dixo que estas cifras constátanse sobre todo no rural donde están pechando moitas librerías. E concluíu “as políticas da Consellería de Cultura non están axudando a industria cultural galega senón todo o contrario”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar