O PP rexeita unha iniciativa para incrementar os fondos á Cooperación Galega para o Desenvolvemento

O PP rexeita unha iniciativa para incrementar os fondos á Cooperación Galega para o Desenvolvemento

O PP rexeita unha iniciativa para incrementar os fondos á Cooperación Galega para o Desenvolvemento

A Portavoz de Cooperación e Igualdade e Cooperación do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide interveu hoxe na Comisión 1ª do Parlamento para reclamar ao Goberno de Feijoo incrementar progresivamente os fondos á Cooperación Galega para o Desenvolvemento, co fin de achegar no horizonte do ano 2015 ao 0.7% do PIB Galego. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

Na súa intervención sinalou que “o 80 % da poboación do mundo malvive co escaso 20 % dos recursos do Planeta”. Dende o PSOE somos conscientes de que as decisións que se tomen nos países máis desenvolvidos repercuten noutros nos que a fame, a morte por enfermidades curables, ou a carencia de auga potable, resulta ser o día a día de millóns de persoas.

Advirte que fai 20 anos a cooperación para o desenvolvemento “non tiña presenza nas institucións públicas galegas, e nos partidos políticos so había algunhas persoas con certa sensibilidade a respecto da cooperación para o desenvolvemento, pero de maneira individual”.

Lembrou que na pasada lexislatura os compromisos políticos coa cooperación para o desenvolvemento “víronse reflectidos co impulso do I Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento 2006-2009, e nos orzamentos da Xunta de Galicia, pasando de 6,1 millóns no 2005 a 11,6 no 2009”. Pero replica que dende a chegada de Feijoo “reduciu o presuposto case á metade”.
Argumentou que o día 16 de xaneiro de 2010 foi aprobado o II Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2010-2013, do que lembrou “obtivo o respaldo de todos os grupos políticos con representación na Cámara galega”.

O PP incorpora as políticas sociais aos en discurso,e ai queda a cousa

Carmen Cajide denuncia que este Plan Director non conta con cadro orzamentario. E proseguiu “o texto do Plan recolle un incremento de entre o 50 e o 100% no período da súa aplicación, porque o papel aguanta todo”. E insistiu nas súas criticas o PP “incorpora as políticas sociais ao discurso, e aí queda a cousa”, resumiu.

Critica que nos orzamento para o ano 2012, deixan a partida de cooperación galega para o desenvolvemento en 0,065, “o que supón catro milésimas menos do destinado polo goberno de Manuel Fraga no ano 2004”. E tamén denuncia que reduciron no borrador do Plan anual 2009 en case millón e medio de euros. Asevera que a folla de ruta de Feijoo “son recortes tras recortes ata que fagan desaparecer a cooperación galega”.

Recortes acompañados de aparentes compromisos

Ademais cualifica como “paragóxico ver como o Executivo galego acompaña estes drásticos recortes, con aparentes compromisos”. Neste punto sinalou o impulso do II Plan Director da Cooperación e Desenvolvemento o 2010-2013; a sinatura do Pacto Galego contra a Pobreza.

A deputada socialista afirma que a incoherencia e falta de compromiso do Goberno de Feijoo en materia de cooperación para o desenvolvemento quedou patente o 3 de xuño de 2011 “cando a Consellería de Presidencia, a través dunha publicación no DOGA, deixa sen efecto a convocatoria de achegas para a posta en marcha de proxectos de acción humanitaria e emerxencia”. Ademais tamén reduciu nun 45% as partidas orzamentarias destinadas a financiar os proxectos que as ONGDs “poñendo en perigo estruturas que con tanto esforzo puxeron en marcha centos de persoas voluntarias e solidarias”.

Cajide aludiu tamén a disposición adicional primeira da Lei 3/2003, do 19 de xullo, de Cooperación Galega para o Desenvolvemento, que di “os orzamentos dedicados á cooperación terán como horizonte contribuír a que no ano 2010 o conxunto da cooperación española para o desenvolvemento acade o 0,7 dos orzamentos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar