O PP rexeita unha iniciativa para garantir a cobertura de prazas infantís en Galicia

O PP rexeita unha iniciativa para garantir a cobertura de prazas infantís en Galicia

O PP rexeita unha iniciativa para garantir a cobertura de prazas infantís en Galicia

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo presentou unha Proposición no Parlamento na que reclama ao Goberno de Feijoo garantir a cobertura de prazas públicas suficientes de escolas infantís que atendan à demanda existente, sendo esta unha prioridade de goberno, co fin de que garanta a cobertura orzamentaria necesaria mediante os procedimientos precisos de forma urxente.

Tamén solicitou construír ludotecas públicas que posibiliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. E pide tamén que ambas infraestructuras sociais se poñan en funcionamento con xestión pública. A proposta foi rexeitada polo PP.

Sestayo asegura que as previsións da Xunta sobre o numero de prazas nas escolas infantís de Galicia “varia segundo o estado anímico dos membros da Xunta”, xa que di que as prazas“ iluminan ou apagan cifras de prazas de escolas infantís creadas segundo o portavoz do Goberno de Feijoo que fale”, espetou. E puxo como exemplo as escolas de Coia en Vigo ou Verin en Ourense.

Ademais critica que o 30% das familias de Galicia que teñen nenos/as con idades de 0 a 3 anos non teñen praza de gardería na nosa Comunidade.

Pero afirma que o verdadeiramente “lamentable é que a carencia de prazas públicas na nosa Comunidade é real”, e proseguiu “mesmo as dificultades das familias para acceder a praza pública de gardería é tamén real”.

Dixo que o “lamentable papelón que a desafortunada Lei de Familia do Partido Popular outorga ás mulleres, xa impedía aprobar a emenda socialista que pedía que se garantiran prazas públicas de escolas infantís para a poboación infantil de 0 a 3”.

Cifras acordeón

Denuncia que o Partido Popular votou en contra confiado en que os anuncios das xa famosas cifras acordeón do Goberno de Feijoo nos medios de comunicación “podían convencer a nais e pais que a carencia de prazas para os seus fillos e fillas é un espellismo”, advertiu.

Tamén aludiu a Comisión de Revitalización Demográfica do Parlamento na que destaca a necesidade de dotar de prazas públicas de escolas infatis, ademais doutras medidas de conciliación como prioridade indiscutible para reverter a caída demográfica.

A maiores subliña que a conciliación da vida laboral, persoal e familiar constitúe un piar fundamental para o desenvolvemento integral das mulleres,das familias e das persoas que as integran .Advirte que é necesaria unha aposta por políticas públicas que garantan a cobertura de prazas suficientes para atender à poboación infantil de cero a tres anos, asevera que “debe ser unha obriga inescusable da administración autonómica”.

A portavoz de Políticas Sociais afirma que en Galicia “existen escolas infantís comprometidas e sen empezar, e escolas pechadas a pesares da inmensa demanda e de intentos de privatizar as escolas públicas existentes como coñecen ben alcaldes como o da cidade de Ourense”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar