O PP rexeita unha iniciativa para formar aos sanitarios para tratar a fribomialixia

O PP rexeita unha iniciativa para formar aos sanitarios para tratar a fribomialixia

O PP rexeita unha iniciativa para formar aos sanitarios para tratar a fribomialixia

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar ao Goberno de Feijoo que proporcione unha formación específica o persoal sanitario para a detección e tratamento da fibromialxia e a síndrome de fatiga crónica, e tamén que se imparta formación específica sobre delas aos médicos e equipos de valoración. A proposta foi rexeitada polo PP.

Sestayo explicou na súa intervención que a fibromialxia é a síndrome de fatiga crónica son dúas enfermidades diferentes pero cunha forma de presentación e síntomas similares, o que confunde moitas veces ás persoas non expertas
enfermidades.

Explica que a fibromialxia é unha patoloxía crónica para a que non existe un tratamento curativo, mais que non sexa curable non quere dicir que non sexa tratable. Coñécese tamén que aínda que moitas e moitos doentes diagnosticadas e diagnosticados de fibromialxia presentan trastornos psíquicos (ao redor dun 30%) estes non son a causa da enfermidade aínda que deben ser diagnosticados e tratados axeitadamente.

Por outra banda a síndrome de fatiga crónica (SFC) é unha enfermidade grave, complexa e debilitante caracterizada por unha fatiga intensa, física e mental co que a súa aparición obriga a reducir substancialmente a actividade, e esta reducción prodúcese en todas as actividades da vida diaria. O impacto da SFC na vida das enfermas e enfermos é demoledor, levando aparellado un inmenso deterioro da calidade de vida. Ademais destas características básicas, algunhas persoas afectadas padecen diversos síntomas inespecíficos que dificultan a realización das actividades comúns da vida diaria, incluso o conversar, chegando a limitar extraordinariamente as relacións sociais.

Así as cousas afirma que a pesares do elevadísimo número de doentes que padecen estas enfermidades e dos terribles efectos que producen a nivel psicolóxico, familiar, laboral e social; persoal facultativo recoñece que deberían contar con maior formación o respecto da fibromialxia e a síndrome de fatiga crónica, mellores medios diagnósticos e opcións terapéuticas máis axeitadas. A diagnose tardía nestas enfermidades adoita ser unha das notas persistentes nestas doenzas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar