O PP rexeita unha iniciativa para construír un centro culinario galego no Centro Superior de Hostelería

O PP rexeita unha iniciativa para construír un centro culinario galego no Centro Superior de Hostelería

O PP rexeita unha iniciativa para construír un centro culinario galego no Centro Superior de Hostelería

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga interveu hoxe na Comisión 4ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar unha innovadora iniciativa gastronómica.

Leiceaga propuxo promover unha iniciativa institucional, que reúna esforzos públicos e privados, dirixida e nucleada pola Xunta de Galicia, co concurso das universidades públicas do sistema universitario galego que teña como obxectivo a constitución do Centro Culinario de Galicia.

Ademais solicitou tamén na proposta converter ao Centro Superior de Hostalería de Galicia no soporte formativo da iniciativa, transformando as ensinanzas que agora mantén en ensinanzas de grao. En resumen propón imitar o modelo da fundación Basque Culinary Center de San Sebastian en Galicia. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

O deputado compostelán reclamou para os alumnos que cursan ensinanzas relacionadas coa hostalería e gastronomía na nosa Comunidade “un grado académico”. En definitiva cociñeiros galegos con titulo universitario. Ademais asegura que presenta esta proposta “porque bota en falta neste campo liderazgo, impulso e coordinación”, e subliña que todo esto debe aportalo o Goberno Galego. Dixo que Galicia non pode quedarse atrás no mundo da gastronomía “hai que dar a reposta axeitada en cada caso”.

Non supón ningún cargo económico

Afirma que o Centro de Hostalería de Galicia “é un centro de primeiro nivel, por iso agora hai que reforzar o seu potencial e darlle consideración oficial aos seus títulos”.

Sinala que esta proposta sirve para afianzar a investigación nesta área, mellorar a formación dos profesionais da restauración e difundir a imaxe de Galicia e a súa cultura e creatividade gastronómica. Explica que esta iniciativa pretende coordinar os organismos que existen nesta campo “e que non supoñen destinar mais recursos económicos”.

O parlamentario socialista explicou, mais polo miúdo, que en datas recentes abriu en San Sebastián o Basque Culinary Center, unha fundación que é o resultado dos esforzos compartidos da Universidade de Mondragón, os máis sobranceiros chefs do País Vasco, co apoio de administracións públicas diversas, entre as que se atopa o propio Goberno vasco, así como de varias empresas. Sinala que este centro contará cunha Facultade de Ciencias Gastronómicas e un Centro de Investigación e Innovación en Alimentación e Gastronomía.

Colaboración universidades, centros tecnolóxicos, empresas e organismos

Argumenta que esta proposta ten como obxectivo a formación, a investigación, a innovación e a transferencia de coñecemento e tecnoloxía en áreas relacionadas coa alimentación e a gastronomía, por medio do establecemento de redes de colaboración entre universidades, centros tecnolóxicos, empresas e organismos públicos.

Unha iniciativa institucional, que reúna esforzos públicos e privados

O deputado asegura que na nosa Comunidade sería conveniente unha iniciativa institucional, que reúna esforzos públicos e privados, dirixida e nucleada pola Xunta de Galicia, co concurso das universidades públicas do sistema universitario galego, e na que teña un papel destacado o Centro Superior de Hostalería de Santiago de Compostela; no que os profesionais recoñecidos da restauración pidan actuar de impulsores, conselleiros e mentores, incorporando os seus saberes e a súa capacidade creativa; procurando a conexión cos mellores profesionais a escala internacional.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar