O PP REXEITA UNHA INICIATIVA DOS SOCIALISTAS QUE DEMANDABA “INCENTIVOS PARA A VENDA DO LIBRO EN GALEGO” E “A COMPRA DE FONDOS PARA AS BIBLIOTECAS”

O PP REXEITA UNHA INICIATIVA DOS SOCIALISTAS QUE DEMANDABA “INCENTIVOS PARA A VENDA DO LIBRO EN GALEGO” E “A COMPRA DE FONDOS PARA AS BIBLIOTECAS”

O PP REXEITA UNHA INICIATIVA DOS SOCIALISTAS QUE DEMANDABA “INCENTIVOS PARA A VENDA DO LIBRO EN GALEGO” E “A COMPRA DE FONDOS PARA AS BIBLIOTECAS”

Os socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento medidas para incentivar e impulsar “a venda do libro en galego con propostas como o bono cultura e a compra de fondos para as bibliotecas públicas”, así como “campañas de promoción da lectura que potencien o consumo de literatura galega”.

Na defensa dunha proposición non de lei rexeitada polo Partido Popular, o portavoz de Cultura do PSdeG, Emilio Vázquez, lembrou que durante os últimos anos “o sector do libro e das bibliotecas ten sufrido un dos maiores recortes orzamentarios por parte da Xunta”.

“Temos que destacar que os datos indican que entre 2008 e 2014 houbo unha caída constante de ventas e de produción literaria en Galicia, e aínda que no ano 2014 houbo unha lixeira mellora, coas perspectivas actuais resulta imposible recuperar os niveis do pasado”, apuntou.

En canto aos datos do número de libros publicados en galego, “hai que destacar que sufriu unha caída dun 28,6% no período comprendido entre o 2008 e 2014”, cunha perda de arredor de 700 títulos.

“E no tocante ás bibliotecas, como dicía antes, o secretario xeral de Cultura nos anunciou a semana pasada o Mapa de Bibliotecas, un anuncio que polo de pronto non pasou diso, pero que ademais un claro incumprimento por parte do goberno galego da Lei de Bibliotecas que aprobaron en solitario no ano 2012”, engadiu o deputado socialista.

Vázquez destacou “a importante baixada orzamentaria que experimentaron nos últimos anos todas as partidas relacionadas con bibliotecas, en adquisicións e en investimentos en xeral neste ámbito, que se viron reducidos nun 78% nos últimos dez anos”.

“As políticas teñen consecuencias e as cifras son as que son: desde que gobernan vostedes, un 56% menos de orzamento en cultura”, engadiu o socialista, que lamentou que o PP “sitúe a cultura na últimas das prioridades do seu goberno”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar