O PP rexeita un programa de mellora da transparencia en urbanismo e obras públicas

O PP rexeita un programa de mellora da transparencia en urbanismo e obras públicas

O PP rexeita un programa de mellora da transparencia en urbanismo e obras públicas

O PP vén de rexeitar no Parlamento unha proposta defendida polo deputado Juan Díaz Villoslada para que a Xunta poña en marcha un programa de mellora dos seus indicadores de transparencia e bo goberno, “con especial atención na área de ordenación do territorio, urbanismo e obras públicas”. Esta demanda xurde da mala situación de Galicia no último índice de transparencia publicado en decembro de 2016 por Transparencia Internacional España, onde a comunidade está no posto 13 das 17 comunidades, unha información “que a Xunta non fixo pública no portal de transparencia”.

O socialista lamentou que rexeiten unha medida que supón “protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o uso indebido dos cartos ou patrimonio públicos”. As incompatibilidades das persoas que exerzan altos cargos, a publicidade das actividades do goberno e o exame cidadán de toda esta información “supoñen mecanismos de control e de limitación do poder estatal perante as liberdades civís”, lembrou.

Emenda sobre eficiencia enerxética
Por outra banda, o Parlamento aprobou unha emenda do grupo socialista para obrigar á Xunta a dar conta anualmente dos resultados da estratexia 2015-2020 sobre eficiencia enerxética nos edificios do sector público autonómico.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar