O PP rexeita un Pacto Social para reforzar a prevención de incendios forestais

O PP rexeita un Pacto Social para reforzar a prevención de incendios forestais

O PP rexeita un Pacto Social para reforzar a prevención de incendios forestais

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou hoxe que o PP teña rexeitado unha moción socialista propoñendo un pacto social dirixido a reforzar e garantir unha prevención eficaz contra os incendios forestais. Así o dixo no debate da iniciativa do Grupo Socialista na sesión plenaria de hoxe.

O deputado socialista sinalou que a única política contra os lumes forestais encetada polo goberno galego baséase en gastar 100 millóns de euros cada ano na extinción e agardar “vendo se chove ou non”. Advertiulle ao PP que “non cuspan para arriba” logo de “presumir” dos datos de lumes en Galicia xa que, dixo, “pode que teñamos un verán seco, e como sexa así os únicos responsables dos lumes serán vostedes”.

Dixo que o PP e o goberno galego “chámanlle prevención ao desbroce de cunetas, piscinas e campos da festa”, mentres reducen ao límite as contratacións de persoal para as cuadrillas, deixan as vacantes sen cubrir, ou incumpren a Lei négandose a cumprir co convenio de Seaga e a recoñecer a categoría profesional dos bombeiros forestais. Sinalou que a realidade é que “néganse a aprobar un plan de prevención e extinción específico”.

Os socialistas galegos reclamaron a muda progresiva da política contra incendios para pasar da extinción á prevención contando cos axentes implicados no sector para elaborar e aprobar un plan plurianual de prevención de lumes forestais, con plans específicos de prevención dos espazos naturais.

García propuxo tamén unha aposta decidida por un servizo de extinción público, profesionalizado, co recoñecemento da labor e os dereitos laborais do profesionais do sector e colaborar coas comunidades de Montes Veciñais para a valorización do monte.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar