O PP rexeita todas as propostas de resolución anticorrupción e para transparentar as contas dos partidos

O PP rexeita todas as propostas de resolución anticorrupción e para transparentar as contas dos partidos

O PP rexeita todas as propostas de resolución anticorrupción e para transparentar as contas dos partidos

A portavoz de Economía do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, defendeu na comisión co Consello de Contas unha batería de propostas de resolución encamiñadas a mellorar a transparencia e o control da acción do goberno e dos partidos políticos a través do ente fiscalizador autonómico. Todas elas foron bloqueadas e rexeitadas polos votos en contra do PP. A socialista lamentou esta resposta e que “renuncien a acabar coa opacidade e a avanzar en medidas contra a corrupción”, máis aínda “coa situación actual do PP” en toda España.

 

Entre as propostas socialistas rexeitadas está a petición de que a Xunta publique no portal de transparencia do Parlamento de Galicia os gastos de campaña electoral de todos os partidos políticos con representación parlamentaria. “Nós non temos nada que ocultar e cremos na transparencia”, afirmou a deputada, que cre que este tipo de medidas son “boas para a política e para a cidadanía”. Os populares tamén se posicionaron en contra de reformar ou eliminar o envío postal aos electores dos sobre ou papeletas electorais para aforrar recursos públicos.

 

O PP tamén se negou a trasladarlle á subcomisión do Congreso para a reforma da Lei Electoral iniciativas propostas polo grupo socialista como “a regulación das doazóns de particulares ás formacións políticas garantido a identificación dos doantes”, a “regulación dos microcréditos, garantindo a identificación dos acredores”, elaborar “unha desagregación das achegas de doantes, acredores, afiliados e cargos públicos” e regular “que aqueles partidos que se teñan financiado ilegalmente a través de actos de corrupción dos seus cargos públicos ou orgánicos deben facerse responsables patrimonialmente dos seus actos, coa fin de facer responsables patrimonialmente aos partidos políticos dos actos de corrupción dos seus cargos públicos ou órganos dirixidos a financiar ilegalmente as súas actividades”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar