O PP rexeita sentar as bases dun grupo lácteo galego co proxecto que lidera Feiraco na planta de Clesa

O PP rexeita sentar as bases dun grupo lácteo galego co proxecto que lidera Feiraco na planta de Clesa

O PP rexeita sentar as bases dun grupo lácteo galego co proxecto que lidera Feiraco na planta de Clesa

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu hoxe no Pleno do Parlamento para defender unha emenda na que reclamou sentar as bases dun Grupo Lácteo, garantindo a participación publica da Xunta de Galicia, achegando a suficiente dotación económica para o apoio e participación económica no proxecto que lidera Feiraco para a xestión da planta de Clesa e que integra ao conxunto de cooperativas galegas.

A deputada tamén demandou garantir a presencia dun representante da Administración autonómica de xeito que tome parte no Consello de Administración do proxecto que xurda para a xestión da Planta de Clesa, a través da integración cooperativa e o apoio ao proxecto que lidera Feiraco. Ademais pide levar a cabo as accións necesarias para promover un cambio de estratexia para reflotar o proxecto de Alimentos Lácteos que, complemente o proxecto de Clesa para a creación do Grupo Lácteo. A proposta foi rexeitada polo PP.

Na súa intervención Verdes saudou en primeiro lugar aos traballadores da planta de Clesa que estaban presentes no debate desta iniciativa na Cámara Autonómica.

Dixo que despois de dous anos de conflictos que o goberno galego debería fortalecer ao sector productor e aportar estabilidade ao sector leiteiro galego, pero lamenta “o Conselleiro do Medio Rural está desaparecido”. E insistiu nas súas criticas “o Goberno de Feijoo estivo desaparecido na vaga de lumes e cando había que resolver o conflicto de Pascual para amañarlle a estratexia a Eugenio de Arzúana e a catro amiguetes do PP”.

A deputada preguntou polos 5,5 millóns de euros que entregaron a Arzuana, e polos avais cos que o IGAPE avalou as operacións de Alimentos lácteos sen necesidade de garantías, e que hoxe paga o leite aos gandeiros con pagares a 3 meses. “Onde están señorías os cartos dos galegos/as?”, insistiu.

A parlamentaria afirma que o Goberno de Feijoo boicoteou o proxecto que lideraba Feiraco e que permitía reunir mais de 500 millóns de litros de leite para eliminar intermediarios e que os gandeiros/as participaran no proceso de transformación do leite que xera maior valor engadido. E advirte o PP decidiu “apostar por 5 pequenas cooperativas con escasa solvencia e graves dificultades financieiras cun único aval, cunha única garantía, que eran do Partido Popular”, espetou.

90 traballadores

Verdes reclamou explicacións das actuacións do Goberno de Feijoo neste asunto. “Queremos saber -dixo- se van a seguir apuntalando este fracaso con cartos públicos mentres levan arredor dun ano desaparecidos sen ser quen de resolver o futuro da planta de Clesa en Caldas”, da que lembra saldouse xa co despido, consecuencia dun ERE extintivo, que afecta a 90 traballadores. Sinala que estes traballadores están completamente indefensos diante das decisións da administración concursal, que actúa unicamente por intereses económicos co ánimo de dividir a plantilla escollendo unilateralmente aos que se quedan e librar a planta de cargas salariais , facéndoa mais apetecible para posibles especuladores .

Por ultimo acusou ao Goberno de Feijoo de defender os mesmos intereses que defenden os administradores concursais que son os dos especuladores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar