O PP rexeita revitalizar o Pacto Local e negociar un calendario de mantemento e vixiancia de centros educativos

O PP rexeita revitalizar o Pacto Local e negociar un calendario de mantemento e vixiancia de centros educativos

O PP rexeita revitalizar o Pacto Local e negociar un calendario de mantemento e vixiancia de centros educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista Xoaquin Fernández Leiceaga interveu na Comisión 4ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar un proceso de negociación entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para establecer un calendario de asunción das funcións de mantemento, vixilancia e limpeza dos centros por parte da Consellaría de Educación, nos centros de Primaria.

Leiceaga demandou tamén, que mentres se realiza ese proceso de reasignación de funcións, establecer un acordo, consensuado entre a Consellaría de Educación e a Fegamp, establecendo un tope máximo anual de gasto de mantemento, vixilancia e limpeza por parte dos concellos, en función de criterios obxectivos. A proposta foi rexeitada polo PP.

Explica que as competencias sobre educación residen na Comunidade Autónoma “polo tanto é a que se ocupa da prestación do servizo, dentro do marco xeral vixente en todo o territorio español”. Pero sinala ademais que a Administración local encárgase do mantemento, da seguridade e dos gastos de limpeza dos centros de ensinanza primaria “e esta obriga municipal está recollida en diversos textos normativos”. O portavoz de Educación asevera que “hai que clarificar as competencias, para evitar custos de transacción e evitar disfuncións”.

A maiores advertiu que o proceso de Pacto Local aspiraba a unha reasignación de funcións entre a Administración autonómica e a municipal, “co fin de sim

plificar a xestión, e liberar así á administración máis esixida, a municipal, de cargas e gastos colaterais, sobre unha competencia esencialmente autonómica”. Relata tamén que algúns gastos dos centros de saúde, e o gasto en gasóleo dos colexios foron asumidos pola Xunta de Galicia xa hai algúns anos.

A Xunta aforra e os concellos gastan

Pero asevera que na nosa Comunidade dende a chegada de Feijoo “non continuou por ese camiño”. E advirte que da fase na que vivimos “xa que os ingresos públicos están moi afectados á baixa, pola caída da actividade económica”. Por iso denuncia “que as administracións reaccionan recortando partidas necesarias”. Afirma que unha caída no nivel de investimentos obriga a curto e medio prazo a elevar o gasto en mantemento e reparacións, por iso advirte “que como consecuencia, a Xunta de Galicia aforra e os concellos gastan”.

Dixo que o PP esta cargando “sobre os arcas municipais gastos que debería asumir a Xunta de Galicia”. Sinala que esta situación produce disputas, reduce o benestar, e tamén unha maior presión sobre a administración municipal “distorsionando ademais as contas, xa que non coñecen as previsións que pode xerar un centro educativo”.

Leiceaga definiu ao Parlamento de Galicia como “panglosiano, xa que cada vez que o PP alude a situación de Galicia sempre tentan convencernos de que estamos no mellor dos tempos posibles”. Por iso lembroulle á deputada do PP de que o Pacto Local foi asinado polo anterior Goberno coa Fegamp, no ano 2005, sendo Presidente un alcalde do PP. E as contribucións autonómicas ao concellos no 2005 estaban en orzamentadas en 60 millóns de euros, e no ano 2009, sendo Presidente Pérez Touriño, 124 millóns “o que supón un módico incremento do 100%”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar