O PP rexeita repoñer nos Orzamentos a paga extra retirada aos funcionarios que prometeu Feijóo

O PP rexeita repoñer nos Orzamentos a paga extra retirada aos funcionarios que prometeu Feijóo

O PP rexeita repoñer nos Orzamentos a paga extra retirada aos funcionarios que prometeu Feijóo

ParlamentoO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, lamentou hoxe a fraxilidade dos compromisos do presidente da Xunta, xa que logo de anunciar onte a reposición da paga extra suprimida en 2012 aos traballadores públicos, hoxe o rexeitaron ao votar contra as emendas socialistas no debate en Comisión dos Orzamentos da Xunta.

González Santín salientou que entre as 46 emendas ao articulado da Lei de Orzamentos presentadas polos socialistas galegos e rexeitadas na súa práctica totalidade atopábase precisamente devolver as retribucións adebedadas a persoal sanitario, profesores e demais traballadores do sector público. Sinalou que este xesto “demostra as promesas baleiras do presidente da Xunta, simples anuncios baleiros de orzamento”.

Con este mesmo argumento criticou que o PP teña rexeitado a emenda socialista para facer públicos os asesores da Xunta, xunto coas súas funcións e remuneracións, o que demostra a “xestión escura” que contradí os “anuncios do presidente da Xunta supostamente a prol de incrementar a transparencia”. Esta proposta, xa incluída no debate dos orzamentos de 2014, foi radicalmente incumprida polo goberno galego.

O Grupo Socialista incluíu unha serie de propostas para loitar contra a corrupción, como o incremento en 3 millóns o orzamento do Consello de Contas para mellorar a súa efectividade. González Santín explicou que esta iniciativa supón incrementar un 50 por cento o orzamento deste ente e responde á solicitude de máis medios feita no Parlamento polo seu presidente, mentres solicitou a redución de salarios para os responsables de algúns entes que perciben contías “esaxeradas”.

Ademais, reclamou que tódolos altos cargos do goberno galego fagan pública a súa declaración de patrimonio no Diario Oficial de Galicia. Reclamou que estes cargos que tamén sexan funcionarios deixen de percibir complementos persoais, que en realidade supoñen un “sobresoldo que non pode ser incluído”, e esixiu que deixen de percibir retribucións pola pertenza a consellos de administración en virtude do seu cargo.

González Santín presentou unha batería de emenda dirixidas a mellorar o control da xestión de diñeiro público, incluíndo a obriga de que a Xunta inspeccione sobre o terreo as obras subvencionadas, tamén cando inclúan fondos da UE, todas elas rexeitadas polo PP. O obxectivo é verificar que a actuación se ten realizado e evitar o desvío de fondos públicos.

Ao tempo, reclamou que a Xunta facilite o acceso da cidadanía a subvencións públicas reducindo os trámites administrativos. Tamén reclama o traslado ao Parlamento do detalle de tódolos contratos concedidos polo goberno galego que superen os 3.000 euros de contía, incluíndo o obxecto, procedemento e importe da adxudicación, e o incremento do control de gastos en publicidade e propaganda, que serán fiscalizados pola Cámara.

Risga

O responsable socialista reclamara tamén a obriga de resolver as solicitudes de Renda de Integración Social no prazo de dous meses, incluíndo os mesmos intereses de demora que o goberno aplica aos impagos. González Santín considerou esta solicitude “razoable” por canto a Seguridade Social tarda “catro ou cinco días” en resolver as prestacións económicas que xestiona.

Ademais, reclamou que as universidades poidan decidir substitucións e interinaxes de profesores cando non supoñan incremento orzamentario e que as partidas para bolsas de estudos sexan consideradas créditos ampliables, permitindo o seu aumento en función das necesidades educativas, e a eliminación da taxa de reposición de funcionarios.

Os socialistas queren que fronte á taxa “insuficiente” do 50 por cento, obrigando a que por cada dúas xubilacións só se contrate a un novo funcionario, a Xunta debe aplicar “un mínimo dun cen por cen”.

Explicou que o goberno galego debe repoñer como mínimo os mesmos profesores, profesionais sanitarios, inspectores ou traballadores de loita contra incendios, logo de cinco anos nos que chegou a repoñer tan só o dez por cento das xubilacións, prexudicando notablemente a calidade dos servizos públicos de Galicia.

Iniciativa transaccionada

A única iniciativa socialista aprobada hoxe polo PP estivo dirixida a paliar o drástico recorte nos días de descanso impostos ao persoal do servizo de extinción de incendios. Mentres o PP, a través dunha emenda, quería reducir o descanso destes traballadores de 2 a 1,5 días á semana.

Os socialistas galegos solicitaran o mantemento do descanso completo, si ben finalmente o PP admitiu mantelo en dous días na temporada alta de incendios e de 1,5 no resto do ano.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar