O PP rexeita reforzar o persoal e medios da Garda Civil e Policía ante a falta de seguridade no rural

O PP rexeita reforzar o persoal e medios da Garda Civil e Policía ante a falta de seguridade no rural

O PP rexeita reforzar o persoal e medios da Garda Civil e Policía ante a falta de seguridade no rural

A portavoz de Interior do grupo socialista, Patricia Vilán, solicitou hoxe que a Xunta lle demande ao goberno de España incrementar os medios persoais e cubrir as baixas e as prazas existentes nos corpos da Garda Civil, a Policía Nacional e a policía adscrita ante a “falta de seguridade no rural” que se está a detectar nos últimos tempos, unha petición que foi rexeitada polo PP.

“Isto está a ocorrer en todo o rural de Galicia e o goberno da Xunta cala e non fai os seus deberes, coma sempre”, afirmou Vilán, que incidiu na “falta de efectivos e de medios materiais” que se recollen continuamente nos medios de comunicación e a través das queixas e demandas dos propios axentes, ademais das denuncias de alcaldes e alcaldesas que viven con preocupación a situación nas zonas rurais. Como exemplo, Vilán apuntou o dato de que Galicia conta con 163 efectivos menos da Garda Civil entre decembro de 2011 e outubro de 2016.

A socialista advertiu de que esta problemática se traduce en “falta de benestar e medo” dos veciños e veciñas, que sofren “que non haxa patrullas suficientes, que haxa vehículos desfasados e que nin sequera se cubran as baixas laborais, as vacacións, os turnos de libranza ou traslados” dos axentes, nun territorio no que a cobertura é especialmente complexa pola dispersión e o avellentamento da poboación.

“A Garda Civil naceu no século XIX coa fin de protexer o rural, pero cada vez é máis urbana porque as patrullas o foron abandoando, polo que tardan horas en chegar e a delincuencia increméntase”, apuntou Vilán, quen advertiu tamén de que hai moitos furtos ou danos que non se denuncian e non saen nas estatísticas oficiais, igual que sucede coas accións que non teñen autor coñecido, que non se computan.

Así mesmo, denunciou a complexidade que ten para as persoas maiores ter que poñerse en contacto cunha centraliña para poder denunciar ou pedir axuda debido á diminución crecente de patrullas nos territorios rurais.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar