O PP rexeita realizar unha OPE para cubrir con prazas públicas as infraestructuras sociais

O PP rexeita realizar unha OPE para cubrir con prazas públicas as infraestructuras sociais

O PP rexeita realizar unha OPE para cubrir con prazas públicas as infraestructuras sociais

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu no Pleno da Cámara para defender unha moción na que reclamou que se publique trimestralmente na páxina web da Xunta de Galicia a evolución do emprego derivado de infraestructuras e programas sociais, cos seguintes datos; programas públicos sociais nos que se crean o destrúen eses postos de traballo, administracións públicas contratantes, a que categorías profesionais se corresponden eses postos de traballo, o estado trimestral desas relacións contractuais, e a que relación contractual obedecen eses postos de traballo e por canto tempo foron asinados.

No texto da moción tamén reclamou elaborar unha Oferta Pública de Emprego a fin de cubrir con prazas públicas as infraestructuras sociais dependentes da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego dos Servizos de Igualdade e Benestar, e apoiar a través do financiamento autonómico os servizos sociais municipais que están a desenvolver competencias propias da Xunta de Galicia no eido social. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

Sestayo reclamou na súa intervención que pase da súa verborrea mediática a feitos concretos, e esixiulle que cree emprego público para os servizos públicos.

A deputada socialista preguntou ao Goberno de Feijoo onde se crearon os supostos 9500 postos de traballo anunciados pola Xunta de Galicia en políticas sociais. E engadiu “se é certo, porque non publican uns datos que contrastan cos propios da consellería de Benestar e Traballo”.

E replicou que “a incoherencia e a falla de rigor e de traballo da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato resulta inadmisible”.

A portavoz de Políticas Sociais pediu á Xunta que apoie a rede dos servizos sociais municipais que o Goberno da Xunta está a desmantelar sistematicamente, e que os dote de persoal suficiente para atender as necesidades daquelas competencias, “que aínda sendo da Xunta están a ser levados polos Concellos”, advertiu.

1.300 postos de traballo

Aseverou que o Goberno da Xunta so creou 1300 postos de traballo neste sector, e segundo os datos da propia Consellería de Traballo e Benestar sinalan un decrecemento neto dos mesmos.

Burlar o Parlamento

Tamén denunciou que a Conselleira non presentou este Plan en sede parlamentaria, e acusouna de “burlar o debate parlamentario e con elo a intelixencia dos cidadáns de Galicia”.

A deputada argumentou que esta proposta é unha medida constructiva para crear emprego co fin de que os servicios públicos sociais funcionen en Galicia, “e que se realice unha OPE para xerar emprego público neste campo social, e fuxir das privatizacións e a desolación dos servicios básicos por parte do Goberno do PP”, resumiu.

Sestayo criticou a política de recorte do Goberno de Feijoo “como a peche das oficinas de inmigración, a rebaixa orzamentaria na loita contra a pobreza e as cifras da dependencia en Galicia”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar