O PP rexeita que os xefes de servizo do Sergas teñan que ter adicación exclusiva na sanidade pública

O PP rexeita que os xefes de servizo do Sergas teñan que ter adicación exclusiva na sanidade pública

O PP rexeita que os xefes de servizo do Sergas teñan que ter adicación exclusiva na sanidade pública

O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, defendeu unha proposición non de lei para modificar o artigo 40 do decreto 206/2005, de maneira que inclúa que para optar a unha xefatura de servizo no Sergas sexa necesario ter adicación exclusiva no servizo sanitario público, e manter esa adicación exclusiva durante o exercicio do cargo. O PP rexeitou a iniciativa. “É difícil defender a sanidade pública cando non consideramos un valor traballar nela”, lamentou Torrado, que defendeu a modificación para garantir a “eficiencia” do sistema.

 

O socialista apuntou que este tema é “un debate ideolóxico sobre modelos” para darlle máis valor á sanidade pública, e “un punto de inicio para ir máis aló” no debate. Lembrou que para optar a unha xefatura de servizo non hai agora ese requisito, pero durante o goberno presidido polos socialistas na Xunta a exclusividade na pública puntuaba 30 puntos, mentres que o PP está a dar 10 puntos como máximo.

 

“Hai que avanzar e dar pasos, e non considerar que un profesional é de máis calidade porque vén da privada”, reprochoulle ao PP, resaltando o nivel dos profesionais da sanidade pública. Torrado incidiu en que agora depende só dunha “decisión persoal” que un profesional non compatibilice diferentes cargos. Así, puxo o exemplo dun xefe de pediatría do CHUVI que á vez era director do Instituto de Investigación Galicia Sur, coordinador de docencia do grao de Medicina en Vigo e profesor titular na USC, e que foi nomeado como xefe de servizo de pediatría de catro centros do grupo privado Quirón. Este profesional renunciou a exercer na pública, pero “coa normativa na man, sería posible que o compatibilizase”, apuntou Torrado.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar