O PP rexeita que o CHUOU recupere a cirurxía pediátrica as 24 horas

O PP rexeita que o CHUOU recupere a cirurxía pediátrica as 24 horas

O PP rexeita que o CHUOU recupere a cirurxía pediátrica as 24 horas

A deputada socialista ourensana Noela Blanco defendeu unha proposición non de lei para que a Xunta restableza o servizo de cirurxía pediátrica as 24 horas e durante todo o ano no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, unha iniciativa rexeitada cos votos en contra do PP. A socialista criticou o “maltrato” do goberno galego a un colectivo sensible como o dos nenos e nenas de Ourense. “A cidadanía vaise remover contra esta medida e moitos profesionais están que trinan; a xente quere solucións, non literatura barata”, reprochou.

 

Blanco destacou casos publicados nos medios como o dun neno que tivo que ir de Coles a Ourense e de Ourense foi desprazado a Vigo, polo que estivo máis de seis horas sen ser intervido dunha torsión testicular, “poñendo en perigo a súa saúde”. Ou o dun pai que leva cinco meses esperando a que operen a súa filla dunha hernia inguinal e denuncia que o están empuxando a acudir á sanidade privada. Ata 2013, lembrou, había tres cirurxiáns pediátricos, e tars a xubilación dun deles e o traslado doutro, en lugar de repoñer as prazas optaron por suprimir o servizo e deixalo só de luns a venres pola mañá, trasladando o resto a Vigo. “Feijóo é como Bush; se arden os montes, talamos as árbores”, censurou.

 

“Isto non é unha fusión, é unha supresión”, criticou Blanco, que apuntou que hai 90 nenos e nenas na provincia de Ourense pendentes de ser operados. Ademais, puxo sobre a mesa os problemas de desprazamento e conciliación e o gasto “ás veces case inasumible” que supón para os pais e nais que teñen que ir varios días para a operación do seu fillo e recorren 100 quilómetros desde Ourense a Vigo, e “ata o dobre” se viven en Pena Trevinca ou O Barco.

 

Blanco afirmou que a Xunta está “encamiñada a que se desmantele totalmente este servizo que funcionaba ben e que era fundamental” en Ourense. “O desmantelamento dos servizos en Ourense non é un caso aillado na provincia, da que Feijóo só se lembra en campaña para dicir que é dos Peares”, lamentou. “Que lle fixemos os ourensáns?”, preguntou Blanco. Como exemplo, apuntou que na Coruña hai tres veces máis cirurxiáns pediátricos con respecto á poboación que en Ourense.

 

Silencio dos deputados do PP de Ourense

Na Comisión de Sanidade estaba presente a deputada ourensana Marta Rodríguez Vispo, pero non tomou a palabra e foi outra compañeira quen interveu. “Non me extraña que non haxa hoxe ningún deputado de Ourense defendendo aquí isto, despois das mobilizacións que conleva esta decisión”, concluíu.

 

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar