O PP rexeita que a Xunta asuma as competencias que lles corresponden nos centros de saúde e educación dos concellos

O PP rexeita que a Xunta asuma as competencias que lles corresponden nos centros de saúde e educación dos concellos

O PP rexeita que a Xunta asuma as competencias que lles corresponden nos centros de saúde e educación dos concellos

A portavoz de economía e facenda do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle á Xunta que cumpra co pacto local galego asinado coa Fegamp en 2006, que once anos despois segue sen estar desenvolvido na súa totalidade. A socialista solicitou que o goberno galego convoque de inmediato a Comisión Galega de Cooperación Local e que presente “na primeira metade deste ano” sendos plans de desenvolvemento con datas de execución para asumir os custos de mantemento dos centros de saúde e de educación primaria dos concellos, unha proposta que foi rexeitada polo PP. “Asuman as competencias que lles corresponden en educación e sanidade”, pediu, á vez que lamentou a decisión dos populares: “Tiña a esperanza de que aprobaran esta proposta, porque é o que piden o concellos desde a Fegamp e ao que se comprometeu o presidente da Xunta”, dixo.

Rodríguez Rumbo lembrou que desde 2005 ata 2008, o goberno presidido polos socialistas incrementou o fondo local en case 40 millóns de euros, case un 50% máis, deixando preparada a asunción de competencias de educación e sanidade por parte da Xunta, mentres que desde ese ano ata agora o goberno do PP reduciuno en sete millóns. A socialista acusou ao PP de mentir e “facer dano á política” enganando cos datos, e de proporcionar “unha inxección indecente de cartos alí onde gobernan, en detrimento do resto de concellos”, como sucede no caso das fusións.

Sen resposta sobre os centros asumidos
A socialista reclamou que o goberno galego “faga gala da transparencia da que presume” e faga públicos os datos do número de centros de saúde e de ensino dos que teñen asumido as competencias, unha reclamación que non obtivo resposta. Rodríguez Rumbo lembrou a “situación complicada e sen marxe de manobra case nin para asumir as competencias propias" que están a atravesar os concellos. “Non queremos unha cidadanía de primeira ou de segunda segundo o concello no que vivamos”, reclamou, polo que reivindicou tamén que os concellos participen dos Orzamentos da Xunta por lei con criterios de reparto obxectivos, como reclamarán os socialistas nunha proposición de lei.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar