O PP rexeita pedirlle ao goberno de España máis orzamento para igualdade

O PP rexeita pedirlle ao goberno de España máis orzamento para igualdade

O PP rexeita pedirlle ao goberno de España máis orzamento para igualdade

A portavoz de igualdade do grupo socialista, María Pierres, defendeu unha proposición non de lei en comisión parlamentaria para que a Xunta lle reclame con carácter urxente ao goberno de España un incremento dos orzamentos previstos para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e que o goberno galego promova medidas específicas “que promovan que as mulleres galegas non se vexan estancadas na súa loita pola igualdade de oportunidades”, unha iniciativa que foi rexeitada cos votos en contra do PP.

 

Pierres denunciou o “estancamento” das partidas de igualdade con respecto a 2016, sumado á supresión de transferencias específicas ás entidades locais e a supresión das partidas para pemes o pasado ano. A socialista reprochou que “de nada serven as ponencias de igualdade se as medidas acaban só en papel, sen orzamentos, só en palabras”. Tamén lle recriminou á Xunta sobre os seus últimos anuncios que “as aprobacións de plans están moi ben, pero a execución das partidas estaría moito mellor, e levamos meses esperando por un plan de igualdade transversal que afecte a todas as administracións dependentes do goberno galego”, polo que deben “comezar por dar exemplo, aquí e en Madrid”, dixo.

 

“Non existe un feito de discriminación global como o feito de ser muller. Ao ritmo actual, levaría 170 anos lograr a igualdade económica entre homes e mulleres”, expuxo Pierres, que puxo como exemplo do estancamento para saír desta situación que as medidas do goberno suporían apenas 0,42 euros por empresa en España, e só axudan a día de hoxe ao 0,017% das empresas. “Se isto é motivo de orgullo, pouco podemos esperar” ante a “gravidade dun orzamento pouco ambicioso”. A deputada socialista lamentou tamén a baixa aportación do goberno de España en materia de violencia machista, que foi aumentada pola ameaza do PSOE de levantarse da mesa do pacto de Estado se non subían as partidas.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar