O PP rexeita no Pleno as propostas do sector forestal galego presentadas polo PSdeG

O PP rexeita no Pleno as propostas do sector forestal galego presentadas polo PSdeG

O PP rexeita no Pleno as propostas do sector forestal galego presentadas polo PSdeG

axente forestalO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, lamentou o veto do PP ás propostas unánimes do sector forestal galego para cambiar a política de extinción de incendios por un modelo baseado na prevención e modificar a xestión forestal no seu conxunto. Os socialistas levaron ao Pleno do Parlamento unha moción consensuada co sector que foi rexeitada polo PP.

García reclamoulle á conselleira que “tome nota de que todo o sector de forma unánime está en desacordo coa súa política forestal”. Advertiu “ninguén está de acordo” no gasto de 16 millóns de euros cada ano para contratar as brigadas de extinción de lumes en detrimento de calquera medida de ordenación do monte.

O deputado socialista acusou ao goberno galego de ter obrigado aos alcaldes e alcaldesas de Galicia a cumprir cunha normativa que os obriga a contratar brigadas de extinción “logo de que vostedes desmontaran os servizos de prevención de incendios”.

Os socialistas galegos reclamáronlle á Xunta “retomar a participación de todo o sector forestal para que se poidan incorporar as súas demandas” de cara á tramitación das modificacións do Plan de Desenvolvemento Rural, que foi devolto por Bruxelas precisamente por obviar a participación do sector.

Chamou a abrir unha reflexión sobre a figura das Sofor, “para que ou ben se modifiquen aspectos como pode ser a súa fiscalidade ou que se formule outra posibilidade de figura mais axeitada á realidade galega”. Considera “bastante obvio que esta figura asociativa non funciona” xa que logo de 7 anos “só se teñen constituído dúas”.

Instou ademais a actuar de xeito inmediato para simplificar as distintas normativas e disposicións –locais, autonómicas, estatais e sectoriais- para facer mais sinxelos os trámites para o desenvolvemento da actividade forestal. Criticou a “excesiva carga de autorizacións para cortar madeira, necesitando ata 15 permisos, por un Plan Forestal ineficiente e de costas á realidade forestal”.

Finalmente, reclamou “algunha medida que compense aos afectados polas restricións impostas polo nemátodo do piñeiro”, que continúan vixentes “logo de catro anos de que fora detectado o brote” e tan só están “pendentes dun informe da Consellería para levantar as restricións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar