O PP rexeita no Parlamento unha iniciativa dos socialistas para demandar ao Goberno de Rajoy que manteña sen cambios a Lei de interrupción voluntaria do embarazo

O PP rexeita no Parlamento unha iniciativa dos socialistas para demandar ao Goberno de Rajoy que manteña sen cambios a Lei de interrupción voluntaria do embarazo

O PP rexeita no Parlamento unha iniciativa dos socialistas para demandar ao Goberno de Rajoy que manteña sen cambios a Lei de interrupción voluntaria do embarazo

acuñaOs socialistas galegos defenderon hoxe no pleno unha proposición non de lei para instar á Xunta “a rexeitar a modificación pretendida polo Goberno do artigo 13.4 da Lei Orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo do 2010”. A iniciativa non contou co apoio do Partido Popular.

“Mariano Rajoy anunciou en setembro a retirada da reforma da coñecida como Lei do aborto, pero finalmente a súa modificación chegou pola porta de atrás, posto que ningún ministro ou ministra asumiu esta decisión política”, afirmou a deputada socialista Carmen Acuña.

A modificación afecta ao artigo 13, o referido ás mozas de 16 e 17 anos, “pero os datos reflicten que só un 10% das mozas de 16 e 17 anos que interromperon voluntariamente o seu embarazo, un 0,41 do total de mulleres que o fixeron, non levaron a cabo o trámite de informar ás súas familias”.

Os socialistas lembran que na actual lei “hai a obriga de informar ás familias agás que se produzan unha serie de situacións perfectamente especificadas na propia norma: cando facelo lle pode supoñer un conflito grave, manifestado no perigo certo de violencia intrafamiliar, ameazas, coaccións, malos tratos, ou se produza unha situación de desarraigamento ou desamparo”.

“Isto é o que, de forma literal, di o artigo 13 da Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo de 2010, un artigo que, se non o impedimos, será modificado para controlar e tutelar a vida das mulleres, neste caso as máis novas, e o que é máis grave, expoñelas a abortos clandestinos e desprotexelas en situacións de extrema gravidade”, aseverou a socialista.

“O PP non escoita á sociedade e pon en marcha cambios lexislativos retrógrados que nos levan á época franquista”, engadiu Acuña, que lamentou “a repercusión dos recurtes nos servizos públicos nas mulleres e en cuestións tan dramáticas como o terrorismo machista”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar