O PP rexeita no Parlamento que se dignifiquen e igualen as condicións de traballo nos PAC de Galicia

O PP rexeita no Parlamento que se dignifiquen e igualen as condicións de traballo nos PAC de Galicia

O PP rexeita no Parlamento que se dignifiquen e igualen as condicións de traballo nos PAC de Galicia


A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu hoxe no Pleno do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo, que se unifiquen e igualen as condicións de traballo en todos os PAC de Galicia.
A proposta foi rexeitada polo PP.

Na súa intervención a deputada reclamou que no mes de xaneiro todos os PAC dispoñan do calendario consensuado entre a administración e os traballadores para todo o ano asegurando, aló menos, a xornada mínima de 1430 horas os que teñan praza asignada neles. Dixo que é fundamental escalonar adecuadamente a atención sanitaria, e asevera que para desconxestionar as urxencias hospitalarias, non é eficaz aumentar o tamaño dos servicios hospitalarios, “senón dotar de probas complementarias os PAC de primaria”, para que sexan resolutivos.

Sinalou ademais que é fundamental unificar o funcionamento e os recursos dos servicios hospitalarios, fidelizando aos profesionais sanitarios, para que sexan específicos nas areas de urxencia “necesitan unha condicións laborais dignas”, espetou. E lembrou que Feijoo sendo Secretario Xeral do Sergas “baixoulles o salario”, advertiu.

Acuña demandou que se instaure a todo o persoal que fai gardas nos PAC os complementos de nocturnidade e festividade, así como, a retribución correspondente para os días de especial significación, 24-25-31 de decembre e 1-6 de xaneiro tal e como se está a contemplar en asistencia hospitalaria.

Grande diferencias

Pero advirte que as condicións dos traballadores/as destes servizos non son as mais idóneas. Xa que denuncia que “existen grandes diferenzas e non só entre os de hospitalaria e os de primaria senón, tamén, dentro de primaria entre un e outro PAC”.

Explica que algunhas desta diferencias son por mor de que moitos PAC son atendidos por profesionais dos Centros de saúde que completan as súas xornadas facendo gardas polas noites e nos fins de semana ou festivos nese punto de atención continuada.

Sinala tamén que na última OPE incorporáronse, no concurso de traslados previo, moitos profesionais de enfermería a esas prazas vacantes dos PAC, polo tanto “xa contan con traballadores e traballadoras propios, asignados a unha desas prazas de enfermería que estaban vacantes nos puntos de atención continuada. E isto ten posto en evidencia múltiples disfuncións que é necesario reparar”, resumiu.

Acuña esixe que a Xunta garanta os dereitos daqueles profesionais que teñen agora a súa praza de traballo asignada a un PAC. Por ultimo afirma que hai ter en conta que as condicións de traballo dun PAC son especiais e estas circunstancias téñense que reflectir nas retribucións contemplando e xeneralizando os complementos xa acordados e aprobados para algúns colectivos como son, por exemplo, a nocturnidade a perigosidade ou a festividade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar