O PP rexeita no Parlamento garantir a asistencia sanitaria pública, universal e gratuíta

O PP rexeita no Parlamento garantir a asistencia sanitaria pública, universal e gratuíta

O PP rexeita no Parlamento garantir a asistencia sanitaria pública, universal e gratuíta

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista Modesto Pose defendeu no pleno unha moción na que reclamou ao Goberno de Feijoo, garantir a cobertura asistencial gratuíta, pública e universal, a equidade no acceso e a redución racional dos tempos de demora na asistencia. Demandou tamén a publicación das listas de espera estrutural e non estrutural, xunto cunha calidade dos servizos sanitarios homoxénea para toda a cidadanía galega. A proposta foi rexeitada polo PP.

Pose asegura que a política sanitaria de Feijoo transmite “ansiedade, inquietude e incertidumbre, e non se buscan solucións aos problemas dos cidadáns”. No que se refire a redución das listas de espera “a única receita de Núñez Feijoo é dicir que son inevitables”.

Ademais acusou ao PP de buscar unha solución ás listas de espera “co invento das prioridades”, pero denuncia que “no hai ningunha normativa para falar con rigor de este sistema”. Pose lembrou que lle tendeu a man Conselleira de Sanidade para pactar “unha interpretación e publicación destes datos, para que nos informen, pero non tivemos resposta”, lamentou.

Tamén aludiu ao Informe do CES no que se asegura que o sistema FPP “que seguen facendo os gobernos do PP ten un incremento de custes desmesurados”. O portavoz socialista amosou a súa disposición para actuar contra o despilfarro “apostando pola innovación”, e criticou os excesivos gastos en programas informáticos da Consellería de Sanidade.

Afirma que “o cor

o de zing-zangs do PP busca cada dia saídas mais conservadoras que insisten en anunciar que rematou o modelo público, e mentres os mais desfavorecidos teñen que saír adiante cada dia, como poden”, replicou.

Débedas sanitarias nas Comunidades do PP

Asegura que as débedas sanitarias mais importantes pertencen a Comunidades gobernadas polo PP como Madrid, Valencia ou Murcia. Coas cifras na man explica que dende a chegada de Feijoo, no ano 2010 endebedáronse 213 millóns, no 2011 en 457 millóns , o que supón un incremento dun 65%.

No que atinxe as políticas de persoal, fundamentais para o mantemento do sistema sanitario, denunciou un abandono sistemático do Goberno de Feijoo. Por iso pediu “mais esforzo á Xunta, xa que os profesionais sanitarios teñen que facer cada vez mais, con menos remuneración”.

Pose denunciou que as xefaturas de servicio “xa non se conceden por mérito ou capacidade, senón por identificación co PP, é dicir por cuestión de amizade ou submisión co xerente do turno”.

O deputado sinalou que o PP esta tanteando en varias direccións “cara a privatización do sistema sanitario publico galego”, e aludiu a construción do Hospital de Vigo, que custa tres veces mais e van cederlle a súa xestión a unha empresa que depende de financieras, que nos van a ter comprometidos para o futuro. “Son principios intocables ata que os tocan”, e insistiu “o PP esta tomando aquelas medidas privatizadoras que sempre quixo tomar”.

Sobre o Catalogo de fármacos dixo que non Galicia “non aforrou 102 millóns de euros”, xa que se aforrou igual ca noutras comunidades sen ter este sistema. E preguntou porque non se estende este Catalogo a toda España “porque saben que é impresentable, non o entende ninguén e fíxose desde o descoñecemento e a ignorancia lexislativa”, concluíu

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar