O PP rexeita no Parlamento a proposta para regular a publicación da declaración de bens dos cargos públicos de Galicia

O PP rexeita no Parlamento a proposta para regular a publicación da declaración de bens dos cargos públicos de Galicia

O PP rexeita no Parlamento a proposta para regular a publicación da declaración de bens dos cargos públicos de Galicia

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, interveu hoxe no Pleno do Parlamento para presentar unha proposición na que defendeu regular a obrigatoriedade de facer publica a declaración de bens por parte dos altos cargos do goberno de Galicia (conselleiros/as, presidente/a, secretarios/as xerais, directores/as xerais, presidentes/as das empresas públicas, fundacións, organismos,etc) e tamén por parte de tódolos deputados e deputadas.

A proposta foi rexeitada polo Partido Popular, que se opuxo frontalmente a que os altos cargos da Xunta tiveran que facer pública a súa declaración de bens.

Na súa intervención Lage Tuñas enviou unha mensaxe aos representantes do PP “non sei si alguén ten algún problema coa publicacións dos seus bens, os socialistas xa demostramos que non, e así os/as 25 deputados/as do grupo socialista xa autorizaron a que se fagan públicas as súas declaracións de bens”.

Petición da sociedade

E replicou “esta proposta non se trata de cotilleo como pensa algunha insigne deputada desta cámara, tratase de dar transparencia a vida política de Galicia e de responder ás demandas da cidadanía, que é quen nos paga”.

José Manuel Lage explicou que “os/as 25 deputados/as do grupo socialista xa autorizamos a que se fagan públicas as súas declaracións de bens” e engadiu “ou teñen medo a que se abran os sobres que hai depositados no Parlamento co Patrimonio dos Deputados/as, ou é que hai un sobre válido para estar pechado, e outro para poder abrirse?”

O deputado socialista respondeu ao voceiro do Partido Popular, Rodríguez Miranda que a política non se ve lesionada por “sobreactuar”, acusación que lle fixo o deputado popular, senón que “o que perxudica á política son determinadas conductas, o que perxudica á política é levarse para a casa o que non é de un, iso é o que perxudica á política”.

O deputado socialista explicou que “a participación da cidadanía nos asuntos públicos confórmase hoxe como un elemento fundamental no contexto dun novo modelo de goberno onde debe destacar a transparencia, a información e a asunción de responsabilidades por parte dos xestores públicos.”

José Manuel Lage asegurou que “é preciso dar un paso máis no referido á publicidade e á transparencia das actividades, bens patrimoniais e intereses das persoas que ocupan un cargo público dando así resposta ás demandas da sociedade.”

Medida necesaria

Nese senso afirma que a publicación no Diario Oficial de Galicia das actividades, bens patrimoniais, rendas e intereses dos xestores públicos é “unha medida necesaria para facilitar o control sobre a actividade política para o conxunto da cidadanía.”

Lage Tuñas dixo que a finalidade específica desta proposta é “dar a coñecer á cidadanía cales son as rendas, e a súa orixe, percibidas polos cargos públicos, durante o seu mandato, así como as variacións experimentadas no seu patrimonio, durante o mesmo período, e tamén, por último, dar a coñecer as súas actividades e intereses privados para que poida comprobarse que non queda supeditado a estes, o interese público que han de servir.”

Así as cousas subliña que a novidade deste propósito é evidente, aínda que poden sinalarse antecedentes no ordenamento xurídico español, relativos á publicidade de datos económicos dos cidadáns. “Non hai problemas de

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar