O PP rexeita no Parlamento a proposta da Deputación de Lugo para financiar hemodinámica 24 horas, pese a que a media de mortes por infarto duplica ao conxunto de España

O PP rexeita no Parlamento a proposta da Deputación de Lugo para financiar hemodinámica 24 horas, pese a que a media de mortes por infarto duplica ao conxunto de España

O PP rexeita no Parlamento a proposta da Deputación de Lugo para financiar hemodinámica 24 horas, pese a que a media de mortes por infarto duplica ao conxunto de España

Debate hemodinámica públicoO Partido Popular rexeitou hoxe no pleno do Parlamento unha proposición non de lei dos socialistas galegos na que instaban ao Goberno galego a aceptar o ofrecemento do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, de que sexa a institución provincial a que financie o servizo hemodinámica 24 horas no Hospital de Lugo.

“A inacción e a negativa da conselleira de Sanidade e de Feijóo son alarmantes cando falamos da saúde das persoas”, afirmou a deputada socialista Concepción Burgo, que lembrou as demandas de colectivos veciñais, sindicatos, partidos políticos e cidadáns de Lugo. No debate da proposición non de lei na Cámara non estaba presente a conselleira Rocío Mosquera, pero si asistiron a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e representantes da federación de veciños de Lugo.

“O servizo de hemodinámica no HULA está aberto 35 horas á semana e 133 horas pechado, o 60% dos casos de infarto teñen que ser atendidos na Coruña e os datos do INE reflicten que en Lugo 76 de cada 100.000 falecementos son por infarto, o dobre da media española”, asegurou Burgo.

A deputada socialista lamentou que “mentres o PP da explicacións falsas os lucenses morren, vostedes impiden que a Deputación de Lugo aporte os 100.000 euros ao ano necesarios para ter aberto o servizo as 24 horas, din non a esta posibilidade por intereses escuros”.

“Feijóo e o Partido Popular non só demostran que non poñen os servizos necesarios para a sanidade luguesa, senón que están impedindo que estos estean no Lucus Augusti agora que hai a posibilidade orzamentaria real de poñelos en marcha”, engadiu.

Burgo lamentou a “total insensibilidade e irresponsabilidade” de Feijóo cos veciños e veciñas de Lugo incumprindo as súas promesas reiteradas para implantar o servizo no Hospital lugués. Por último, instou ao presidente do Goberno galego a “deixar de mentir” ao afirmar que os especialistas non recomendan o servizo de hemodinámica as 24 horas, e advertiu que “tanto os socialistas galegos como os veciños e veciñas de Lugo vamos a seguir loitando polos nosos dereitos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar