O PP rexeita no Parlamento a prevención e extinción coordinada dos lumes

O PP rexeita no Parlamento a prevención e extinción coordinada dos lumes

O PP rexeita no Parlamento a prevención e extinción coordinada dos lumes

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, criticou a negativa do PP a unha moción socialista para reclamarlle ao goberno galego “que coordine a prevención e a extinción profesionalizada dos lumes”. Nesta iniciativa se instaba ao Goberno a:

1. Recoñecer o papel que desempeñan os agricultores, gandeiros e propietarios forestais como principais activos da prevención de incendios no desenvolvemento da súa actividade. Neste senso. Recordou García as continuas rebaixas que foi sufrindo o contrato de explotación sustentable, e que na actualidade a reforma da PAC mantén aos seus perceptores na dúbida de si terán que pasar dous anos sen cobrar esta axuda, “que complementaba un investimento e unha aposta pola xestión dun determinado territorio”.

2. Presentar o PLADIGA, o plan de prevención. Neste sentido Pablo García insistiu, como fixera na interpelación á conselleira de Medio Rural, que non é válido para os socialistas que exista costume de presentarse en tempada de extinción. “Si se fixo sempre mal, cámbiese a data”, argumentou.

3. O socialista reclamou ademais que o persoal destinado a extinción estea nun dispositivo único contratado da Xunta, con garantía de contratación transparentes a través dun sistema único de contratación, no que se valoren experiencia e capacitación. García tamén esixiu á Xunta a cobertura das prazas vacantes.

Sobre esta cuestión, García denunciou que a actual concesionaria, Natutecnia, ven de realizar unha selección de persoal da que quedaron fora todos os candidatos que demostraron experiencia. “Mesmo os brigadistas de anos anteriores que o ocultaron no currículo, foron desbotados”, dixo o deputado socialista.

4. A moción socialista esixe transparencia e publicidade nas contratacións dos medios materiais e que estes se axusten ás necesidades. Sen volver a entrar na denuncias que neste senso teñen feito os operadores, García reprochou á consellería que empregue o procedemento negociado para a contratación de 14 millóns de euros.

5. Esixen tamén dotar de material necesario a todas as brigadas para desenvolver a súa actividade e para preservar a súa seguridade.

6. A moción socialista buscaba a potención do servizo de investigación de incendios forestais e as casetas de vixilancia no monte, para unha máis rápida reacción. O portavoz socialista de Medio Rural a contratación de globos aerostáticos e helicópteros non xustifica a retirada das casetas de vixilancia, de contrastada eficacia para a detección rápida de focos.

7. Propoñían os socialistas, a través da moción defendida por Pablo García, a creación dun sistema de información rápido, rigoroso e crible sobre os incendios acontecidos. O socialista afirma que a sociedade debe coñecer cantos incendios se atenden e a superficie afectada, e sobre todo as causas e motivacións para unha maior e mellor concienciación.

O MODELO DE COLABORACIÓN NON SATISFACE AOS CONCELLOS

Pablo García criticou os convenios de “suposta” colaboración cos concellos ao considerar que “non van funcionar”, xa que non ten en conta a realidade económica dos concellos, que deben sufragar o 25% dos mesmos.

Tampouco considera que os alcaldes estean “encantados”. Segundo o deputado socialista o que pretende a Xunta é “trasladar” os cartos dos incendios para a contratación dos Grumir e ter a desculpa para “culpar” aos concellos de non ter feito prevención, cando é competencia exclusiva da Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar