O PP rexeita modificar os criterios das axudas aos concellos para o fomento do emprego evitando a arbitrariedade

O PP rexeita modificar os criterios das axudas aos concellos para o fomento do emprego evitando a arbitrariedade

O PP rexeita modificar os criterios das axudas aos concellos para o fomento do emprego evitando a arbitrariedade

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández, reclamou modificar os criterios das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración con entidades locais, de maneira que non se fagan de forma arbitraria e respondendo a intereses políticos , e que o dito reparto respecte a proporcionalidade co numero de parados de cada concello. A proposta que foi debatida o martes 28 de febreiro, foi votada o dia 29, e rexeitada polo PP.

O deputado socialista lembrou na súa intervención as constante soflamas de Feijoo nas que asegurou que ia rematar coa crise. “A miña prioridade será rematar cos parados, en poucas semanas Galicia terá resolta o seu problema de desemprego”, foron algunhas das frases que todos escoitamos ao Presidente da Xunta.

Pero pola contra advirte que a realidade de Galicia “é moi distinta da que nos vendeu o PP”, e critica que é a Comunidade que mais desempregos esta a destruír dende fai 3 anos, perdendo todo o diferencial positivo que tiña a nosa comunidade. Ademais denuncia que “deixou de investir mais de 80 millóns de € en políticas activas de emprego”.

Replica que Galicia pasou de investir mais de 1000 € por parado en políticas activas contra o desemprego, e co Goberno de Feijoo “pasa a 333 €”. E preguntou “cal é agora a causa de que Galicia sexa a comunidade que lidera en todo o Estado o numero de postos de traballo que se destrúen a través de EREs?. E proseguiu “será a falta de confianza das empresa neste Goberno?”, espetou.

Dixo que con esta proposta pretende “rematar coa arbitrariedade, co favoritismo e co caciquismo que promulga o PP”. E tamén “da sucesión familiar o mais puro estilo absolutista, senón falamos da concesión de axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais”.

Sinalou que o pasado 27 de decembro publicouse no DOGA unha RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de febreiro de 2010 para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

Política clientelar do PP

O deputado advirte que “despois de facer unha análise moi meticuloso do reparto feito por concellos e por número de parados, podemos apreciar como a Consellería de Traballo fixo unha demostración da política clientelar e arbitraria que esta a levar a cabo o Goberno do PP, o Goberno de. Feijoo”.

Cos datos na man critica que “a política insolidaria de Feijoo, na que se premia ós concellos e ós parados daqueles municipios gobernados polo PP”, e pola contra “castiga de forma totalmente arbitraria e inxusta as persoas paradas que teñen a súa residencia en concellos gobernados por outras forzas políticas diferentes o PP”, espetou.

Afirma que para o PSdeG-PSOE o reparto xusto e equitativo sería que o reparto por consellos debería ser equitativo, “e estar directamente e primordialmente relacionados co número de parados censados en cada un dos concellos”.

Denuncia que “os datos amosan a arbitrariedade e inxustiza do Goberno de Feijoo xa que lles concederon axudas ao Concellos gobernados polo PP por un total de 40.382.697€, cando por parados inscritos en ditos concellos lles houbera correspondido un total de 20.513.270, é dicir outorgáronlles un 96.9% mais do que lles correspondía nun reparto equitativo de ditos fondos”.

No que se refire aos concellos gobernados polo PSdeG, correspondéndolles un total de 50.669.329€, asináronlles só 31.424.654, é dicir un 38% menos do que lles tocaba por número de parados. E no caso dos concellos gobernados polo BNG este descenso e do 14.6% nestes dous anos de Goberno de Feijoo.

Replica que este goberno esqueceuse dos miles de galegos e galegas que mes a mes perden o emprego, esquecese detrás de escusas mentres a nosa comunidade é líder en destrución de emprego a través de expedientes de regulación de emprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar