O PP rexeita licitar a autovía do Morrazo e poñela en servizo no 2014

O PP rexeita licitar a autovía do Morrazo e poñela en servizo no 2014

O PP rexeita licitar a autovía do Morrazo e poñela en servizo no 2014

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu no Pleno da Cámara, para defender unha moción sobre o funcionamento da autovía do Morrazo. Alí reclamou revisar as condicións do concurso de licitación da concesión de obra pública para a construción da autovía de O Morrazo, de xeito que se garanta “que a licitación da obra pública se realice no vindeiro mes de marzo de 2012, que no prazo máximo de tres meses a partir da licitación se adxudique a obra”. E que en xullo de 2014 a obra se poida poñer en servizo.

Gallego demandou tamén incluír na licitación da obra a construción das variantes de Cangas e Moaña. Ademais de incluír nas previsións orzamentarias da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a construción da variante de Bueu e a modificación da rotonda de acceso a AP-9 e de enlace entre as N-554 (Vilaboa) e C-550 (Moaña), para favorecer a conectividade do conxunto da Comarca de O Morrazo entre si e con Vigo. A proposta foi rexeitada polo PP.

Na súa intervención lembrou que presentou esta proposta, que xa foi presentada e aprobada por unanimidade, na Comarca do Morrazo, nos concellos de Bueu, Moaña e Vilaboa.

A deputada aludiu as declaracións do Conselleiro de Infraestruturas nas que primeiro anunciou, en marzo de 2010, que as obras de ampliación do Corredor se adiantaban ao ano 2013. Pero advirte que no decembro de 2011, dixo que non podían dar datas para esta infraestrutura. Por iso cualificou estes anuncios “como puro teatro”.

Dixo que en xullo 2011, tralas eleccións, a Xunta xa coñecía cal ia ser o destino do concurso da ampliación do Corredor “que era declaralo deserto”, insistiu “ e non facer así o desdobramento”. Acusou ao Goberno de Feijoo “de calar por oportunismo político para enganar aos cidadáns do Morrazo”, antes das eleccións xerais. Asegura que desde que se puxo en marcha este corredor “aumentou a sinistralidade”.

Gallego cualificou esta actitude como “revisionismo político”, e lembrou as infraestruturas impulsadas por gobernos socialistas nesta Comarca como por exemplo N-544 ou o levantamento da peaxe de Rande.

A deputada dixo que os compromisos de Feijoo coa comarca do Morrazo “é o que consta nos orzamentos”. E no ano 2009 había programados para 27.7 millóns de euros, e no 2012 é de 3.7 millóns de euros, e advertiu “vai pasar o ano e van quedar sen executar”.

A parlamentaria afirma que o compromiso de Feijoo coa comarca do Morrazo pasa por anuncios que se contradín, oportunismo electoralista e revisionismo histórico.

O PP confirma que non vai realizar a ampliación

Asegurou que o PP “confirmou que non se vai realizar esta infraestrutura”. Dixo que “desafortunadamente a dereita deseñou ese vial”, e hoxe acarrea graves problemas de circulación, xa que soporta 16.000 vehículos diarios. Por iso demandou “dous carrís en cada sentido da circulación”. Sinala ademais que esta infraestrutura viaria “é imprescindible para a conectividade da Comarca”.

Pediu ao Goberno de Feijoo que non tome o pelo aos veciños do Morrazo, e acusou ao PP de ser un “fraude para a cidadanía”, e pediu priorizar este vial.

Problemas técnicos

Sobre o problema de declarar desertos este concurso replicou que “non foi un problema económico, foi un problema técnico”, e criticou que “non llo contaron á cidadanía ata que pasaron as eleccións, para que non lle custara votos na Comarca”.

Por ultimo pediu menos escusas e non xogar con este tema “hai que gobernar e priorizar estas infraestruturas, e non buscar réditos electorais”. E resumiu “non mais mentiras do PP na Comarca do Morrazo”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar