O PP rexeita instalar novos puntos de control de transporte de pesca en Ferrolterra

O PP rexeita instalar novos puntos de control de transporte de pesca en Ferrolterra

O PP rexeita instalar novos puntos de control de transporte de pesca en Ferrolterra

Percebeiro, mariscadorO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, criticou hoxe o rexeitamento polo PP dunha proposición non de Lei na Comisión de Pesca para pedirlle á Xunta que sitúe novos os puntos de control para o transporte de produtos pesqueiros mais cerca das zonas de extracción.

O responsable socialista criticou o “medo” demostrado polo PP a “poñerlle deberes ao goberno” cando se trata dun trámite sinxelo que facilitaría o traballo dos mariscadores da Confraría. Lamentou que “nin nas cuestións menores para o goberno son quen de dar un paso á fronte” e prefiren “poñer escusas para salvarlle a cara, cando a Xunta non fai absolutamente nada”.

O portavoz do PP xustificou a súa negativa coa escusa de que o goberno está agardando á solicitude da confraría, o que desmentiu o propio Val, que lembrou que as conversas remóntanse a 2012. Os responsables do pósito, puntualizou, si que teñen tramitado unha petición que “non vai contra ninguén, senón que só trata de buscar ferramentas para que os profesionais fagan o seu traballo”.

Os socialistas reclamaban hoxe a instalación de novos puntos de control nos que os mariscadores poidan xestionar os documentos de transporte esixidos para os produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e para moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos, obrigatorio cando o centro de venda é distinto do porto de descarga.

A esixencia deste documento de transporte obriga aos mariscadores a desprazarse 40 quilómetros adicionais aos que serían necesarios se o punto de control estivera nun lugar mais próximo. Ademais do incremento dos custes, dixo, esta esixencia provoca un retraso considerable na súa chegada ao punto de venda, obrigando a baixar o prezo e diminuíndo polo tanto o beneficio.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar