O PP rexeita incorporar nos orzamentos unha partida para a Real Academia Galega de Belas Artes

O PP rexeita incorporar nos orzamentos unha partida para a Real Academia Galega de Belas Artes

O PP rexeita incorporar nos orzamentos unha partida para a Real Academia Galega de Belas Artes

A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario, Concepción Burgo, interveu na Comisión 4º do Parlamento para reclamar ao Goberno de Feijoo incorporar dentro do Proxecto de Orzamentos do ano 2012, unha partida nominativa para á Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario que sexa suficiente, a lo menos, para cubrir os seus gastos correntes. A proposta foi rexeitada polo PP.

Dixo que é “necesario darlle estabilidade económica a Academia”. Asegura ademais que as políticas de Feijoo están encamiñadas “a boicotear e a minorar as bases da Cultura de Galicia, e mentres adica fondos a espectáculos efémeros”, resumiu.

Critica que a asignación concedida, mantívose nunhas cantidades moi pequenas e ten a mesma cantidade orzamentaria dende o ano 2005, e que de ningunha maneira posibilitan a actividade cotiá da Academia. Denuncia que esta axuda faise sen ningún compromiso estricto, polo que coloca á Academia nunha situación de precariedade e sen posibilidade de planificación futura á hora de poder formular a súa actividade diaria. A maiores Burgo afirma que “a isto uniuse unha reducción drástica de máis do 65% da cantidade aportada pola Xunta en 201. outorgando tan só 14.000 euros a Academia”.

Subliña ademais que a propia Academia busca axudas de outras institucións como as caixas, a Deputación de A Coruña, e incluso do Ministerio de Cultura, de quen xa obtivo importantes axudas.

Burgo explicou na súa intervención que a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario foi creada por Real Decreto de 31 de outubro de 1849 coa denominación de Academia Provincial de Belas Artes. Por Orde ministerial de 31 de xaneiro de 1984 (BOE de 24 de marzo) pasa a denominarse Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.

Sinala que no ano 2003, a Real Academia Galega de Belas Artes foi transferida polo Estado á Comunidade Autónoma, como se formula no Decreto 373/2003, de 16 de outubro (DOG de 20 de outubro), sobre a asunción por parte da Comunidade Autónoma de Galicia das funcións en materia de Academias, o cal foi complementado polo Decreto 392/2003 (DOG de 28 de outubro) sobre o exercicio da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias en materia de Academias de Galicia, desenvolvido pola Orde de 8 de abril de 2005 (DOG de 15 de abril).

Institución consultiva oficial

A parlamentaria socialista subliña que as súas funcións son a investigación, a recuperación, e a conservación e difusión do noso patrimonio cultural. Di que os mesmos Estatutos recoñécena como institución consultiva oficial da administración e como tal, participa en todas as Comisións Territoriais do Patrimonio Histórico Galego e elaboran toda clase de informes e estudos cando lle son requiridos pola Xunta de Galicia.

Burgo argumenta que dende o ano 2003 cando se realizou a súa transferencia, a Real Academia recibe unha asignación económica procedente da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia a través da firma dun convenio xenérico.

Así as cousas replica que esta situación, contrasta claramente ca de outras Academias, e que ten que cambiar. Por iso asegura que “a Real Academia Galega de Belas Artes debe recibir por parte da Xunta de Galicia os medios necesarios para exercer na mellor das condicións posibles as súas funcións e manter unha estabilidade económica que lle facilite a planificación das súas actividades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar