O PP rexeita impulsar un acordo cos axentes do sector forestal para reorientar as políticas de prevención de lumes

O PP rexeita impulsar un acordo cos axentes do sector forestal para reorientar as políticas de prevención de lumes

O PP rexeita impulsar un acordo cos axentes do sector forestal para reorientar as políticas de prevención de lumes

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu no Pleno do Parlamento, para defender unha moción, na que reclamou que se retomen as políticas de ordenación e xestión forestal, en colaboración co sector forestal, para acadar a valoración do monte e contribuír á xeración de emprego. A proposta foi rexeitada polo PP.

Verdes afirma que é preciso poñer en marcha medidas para evitar a erosión e as escorrentías en Galicia, logo das primeiras choivas que corren ríos de cinza, e deseñar e implementar medidas de restauración medioambiental e de recuperación do potencial forestal danado.

A deputada dixo que o Goberno de Feijoo non estivo a altura, xa que foi incapaz de xestionar a traxedia que arrasaba Galicia. Por iso advertiu do balance triunfalista do Conselleiro sobre a campaña de incendios, co monte totalmente abandonado, e logo dos recortes e da nefasta xestión dos recursos adicados á prevención de incendios.

A parlamentaria cualificou a situación como “caótica”, e lembrou que “os brigadistas fixeron un esforzo sobrehumano, poñendo en risco en moitos casos a súa vida”. Replica que foron os militares da UME e centos de voluntarios os que acudiron en auxilio dos veciños/as diante do abandono do goberno galego, parcheando a falta de medios da Xunta de Galicia, que nos van costar aos galegos 6 millóns de euros que sairán dos nosos impostos.

Asevera que as políticas de Feijoo foron “temerarias e manipuladoras”, espetou. E aludiu ao desmantelamento do dispositivo de incendios, aos recortes nos dereitos dos traballadores e traballadores, na seguridade, nas condicións laborais, na dotación e na formación, dos recortes nos equipamentos de prevención,nas construccións preventivas, na silvicultura e nas repoboacións preventivas.

Criticou os recortes na inversión nos montes de xestión pública

A maiores criticou os recortes na inversión nos montes de xestión pública, no recorte das axudas as comunidades de montes, nefasta xestión dos recursos, dos fondos europeos que permitirían multiplicar por 4 os recursos propios, cando gastamos 100 millóns de euros en prevención e deixamos de gastar case o 40 % do orzamento adicado á poñer a producir o monte que supón apenas a metade do gasto en extinción.

Emprazou ao executivo autonómico a impulsar medidas urxentes, para poñer en marcha un plan de restauración ambiental das zonas danadas polo lumes forestais neses mais de 36000 ha que quedaron arrasadas polas lapas nesta campaña, en grandes lumes no Macizo central, na Serra do Xurés e en tantos e tantos Concellos da Galicia interior gravemente afectada polo envellentamento e o abandono.

Verdes preguntoulle ao Conselleiro de Medio Rural en que van seguir gastando mais de 100 millóns de euros na extinción de incendios, mentres continúan co desmantelamento das políticas de prevención e de valorización do rural galego, mentres deixan de gastar os recursos que son dos galegos, que están asignados no PDR de Galicia e que se non se axiliza a súa execución quedarán sen gastar e haberá que devolver, e que podían aproveitar precisamente para recuperar as zonas danadas polos lumes.

Dixo que o Goberno de Feijoo por un lado abandona e afoga aos gandeiros /as, pero por outro é sensible para que Coren puidese pastorear en zonas queimadas, “eso sí que foi noticia na Galega”, e advirte que este medio “foi cómplice do apagón informativo co que tentaron agochar a incompetencia dun goberno que non estaba”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar