O PP rexeita garantir axudas directas polos danos das xeadas

O PP rexeita garantir axudas directas polos danos das xeadas

O PP rexeita garantir axudas directas polos danos das xeadas

O portavoz de Agricultura do grupo socialista, José Antonio Quiroga, defendeu unha proposición non de lei no Parlamento para reclamarlle á Xunta unha “actuación urxente” polos danos das xeadas no sector vitivinícola, despois de anunciar medidas “claramente insuficientes” que son un “placebo mediático” para o sector, pero que “deixan fóra ao 80% dos agricultores afectados”. Quiroga pediu axudas económicas directas, unha petición que foi rexeitada cos votos do PP. Criticou que haxa “galegos de primeira e de segunda e en función de se é ano electoral ou non”, despois de que a Xunta dera axudas similares antes das eleccións autonómicas en Sober.

 

O socialista lamentou que despois dun mes non haxa datos oficiais do goberno galego sobre as perdas nun sector que en 2016 moveu 224 millóns de euros e que “está a facer un grande esforzo” por modernizarse. “Tense que notar o apoio e plasmarse en medidas, en papeis, en leis. Non valen anuncios nin titulares de prensa”, afirmou Quiroga, ante as medidas “insuficientes e moi parciais” anunciadas pola Xunta. O deputado advertiu de que a maioría dos afectados, pequenos e medianos produtores, “non van pedir créditos nin seguros, e a Xunta sábeo”, polo que o 80% quedaran fóra se non se aproban axudas económicas directas.

 

Amparo á Valedora do Pobo

Quiroga reclamou tamén flexibilidade fiscal e tributaria nas cotas de autónomos, da Seguridade Social e no IBI, e pediu que o goberno galego faga xestións coas compañías de seguros agrarios, que “non se adaptan á realidade do país”, dixo. Insistiu tamén na “discriminación” que supón non garantir agora axudas directas despois do antecedente das aprobadas antes das eleccións autonómicas polos danos do pedrazo no concello de Sober. Ante esta discriminación, adiantou que os socialistas pedirán “amparo á Valedora do Pobo ou onde faga falta”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar