O PP rexeita evitar o peche de ECAR de Mondoñedo e impulsar un plan de dinamización económica da Mariña lucense

O PP rexeita evitar o peche de ECAR de Mondoñedo e impulsar un plan de dinamización económica da Mariña lucense

O PP rexeita evitar o peche de ECAR de Mondoñedo e impulsar un plan de dinamización económica da Mariña lucense

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista Jose Luis Méndez Romeu interveu na Comisión 6ª do Parlamento, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo desenvolver tódalas actuacións necesarias para evitar o peche da empresa ECAR en Mondoñedo. E reclamou ademais realizar un Plan de dinamización económica da Comarca da Mariña Lucense, dando participación aos concellos e axentes sociais desta Comarca. A proposta foi rexeitada polo PP.

Explicou que a empresa Aglomerados ECAR, na que traballan 62 persoas, asentada na cidade de Mondoñedo (lugo), leva anos instalada na Comarca e realiza estruturas de madeira. A dirección da dita empresa comunicou hai dúas semanas a decisión irrevogábel de pechar a dita fabrica a partir do día 1 de marzo do 2012.

Argumenta que dende o ano 2005 a empresa ECAR é unha empresa propiedade de FINSA que a adquiriu e a reflotou no ano 2005 cando atravesaba unha moi difícil situación económica. Esta decisión foi unha sorpresa para o conxunto dos traballadores porque segundo os datos que manexan eles e que trasladaron aos directivos da empresa, o rendemento laboral de dita fabrica cumpría amplamente co esixido pola empresa nestes momentos de crise, moderación salarial, rendemento laboral, etc.

Advirte que si finalmente se produce o peche desta empresa “será unha moi mala noticia, non só para os traballadores e para o Concello de Mondoñedo, senón tamén para o emprego e a dinamización da Comarca da Mariña Lucense”.

Afirma tamén que a empresa propietaria de ECAR, FINSA, segundo os propios datos que a empresa lle entregou ao Comité de Empresa de ECAR, ten beneficios empresariais.

Desertización industrial

Na súa intervención dixo que a cidade de Mondoñedo asiste impotente a un proceso de liquidación da súa capacidade de supervivencia laboral e socioeconómica, ante a impasibilidade do Goberno de Feijoo. Sinala que esta cidade vive un proceso “acelerado” de desertización industrial.

Beneficiaria do concurso eólico

Méndez Romeu advirte tamén que a empresa FINSA foi beneficiaria do concurso eólico galego polo cal ten que implantar producción eólica e realizar proxectos industriais, pero replica que “sucede o contrario”. Lembra que ten unha carteira de clientes importantes, e que non se atopaba en situación de quebra.

Por todo isto o deputado socialista demandou do Goberno de Feijoo “corrixir esta situación”. E insistiu “o Grupo Socialista quere saber que esta disposto a facer o Goberno de Feijoo para impedir en Mondoñedo a desaparición de 62 postos de traballo”.

Ademais aludiu as distintas manifestacións que viviu a cidade protestando polo peche desta empresa “houbo un peche total pola anguria, e polo futuro que se presenta como catastrófico, nesta Comarca”.

Sobre o Plan Reimpulsa-Lugo co que a Xunta promete emprego nesta provincia, cualifica este proxecto “como un erial pomposo, baleiro de contido e sen propostas concretas para os cidadáns”. Asegura que das xestións do Goberno de Feijoo en Lugo “solo hai peches dos empregos consolidados, e mentres a Xunta asiste impotente ante esta situación”.

Sobre os datos de Producción Industrial, feitos públicos hoxe, constatan que Galicia é a segunda Comunidade que lidera a caída do Índice de Producción, quedando moi afastada da media do Estado. Afirma que os datos sinalan que en Galicia “so medra o desemprego”. Por iso pregunta que fixo o Goberno de Feijoo despois de 3 anos “para reactivar o emprego, e en materia de industrialización”, espetou.

Por ultimo afirma que a día de hoxe o Goberno de Feijoo “non ten ningún compromiso concreto con Mondoñedo, para reactivar a súa económica e o emprego na Comarca”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar