O PP rexeita esixirlle a telefónica liña fixa de internet para os veciños de Baralla

O PP rexeita esixirlle a telefónica liña fixa de internet para os veciños de Baralla

O PP rexeita esixirlle a telefónica liña fixa de internet para os veciños de Baralla

O PP vén de rexeitar no Parlamento a petición da deputada lucense Concepción Burgo para que a Xunta lle esixa a Telefónica que cumpra co “dereito legal” dos veciños de Baralla a dispoñer dunha liña telefónica fixa de internet por cable. “Unha vez máis defenden os intereses dunha empresa por riba dos dereitos legais básicos das persoas”, lamentou Burgo.

A socialista levou á Cámara galega a situación dun veciños do núcleo urbán de Baralla aos que Telefónica lles dixo que non lles daría o servizo “porque non tiñan liñas suficientes, e non pensaban poñer máis”. Ofrecían unha conexión máis cara, sen bos cobertura nesa zona e sen tarifa plana, polo que non estarían “en igualdade de condicións” co resto de cidadáns.

Burgo demostrou na súa intervención que segundo a Lei Xeral de Telecomunicacións 9/2014 do 9 de maio, “todos os usuarios finais con independencia da súa localización xeográfica teñen dereito a una conexión á rede publica de comunicación electrónica dende una ubicación fixa”, cun servizo universal, “sempre que sexan razonables”.

O Real Decreto 424/2005 de 15 de abril marca no artigo 29 que “se consideran razonables as peticións de conexión que solicite calquera inmoble situado en solo urbán”, como sucede no caso de Baralla. “E a operadora que ten que dar obrigatoriamente ese servizo, porque a encargada de prestar o que se chama servizo universal é Telefónica, pola Orde ETU/1973/2016 do 23 de decembro”, expuxo.

“Que cumpran coa obriga que teñen. Telefónica ten a obriga legal de facelo e nós temos que dicirlle ás empresas que teñen que cumprir coas súas obrigas”, afirmou Burgo. Porén, o PP negouse a incluír no texto a obriga de que a compañía instale unha liña fixa.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar