O PP rexeita elaborar un Plan Especial para asistir aos españois que buscan emprego no estranxeiro

O PP rexeita elaborar un Plan Especial para asistir aos españois que buscan emprego no estranxeiro

O PP rexeita elaborar un Plan Especial para asistir aos españois que buscan emprego no estranxeiro

"O Goberno seguirá pechando oficinas de apoio aos cidadáns do noso país no exterior, a pesar de que crece o número de españois que marchan fóra por razóns económicas", lamentan os relatores socialistas.

A maioría do Partido Popular rexeitou hoxe a proposición non de lei do Grupo Parlamentario Socialista que instaba o Executivo a elaborar un Plan Especial de Acción en embaixadas e consulados para a asistencia as persoas que busquen emprego en países estranxeiros, defendida polo deputado socialista Miguel Ángel Cortizo.

Os populares tamén rexeitaron a proposición non de lei do PSOE que instaba a reconsiderar o desmantelamento da Oficina Consular en Basilea, o peche da súa agrupación escolar e a relevancia da acción educativa no exterior, no marco do Proxecto de Lei de Acción e do Servizo Exterior, que defendeu o voceiro para asuntos da UE, Juan Moscoso del Prado.

Na súa intervención, o relator socialista Miguel Ángel Cortizo asegurou que é unha "obviedade que nos últimos tempos houbo un incremento dos cidadáns españois que buscan a solución no exterior aos problemas que a crise lles provocou no ámbito laboral", "a niveis que non se recordaban dende as ondas migratorias décadas atrás".

Cortizo destacou que isto "xera unha problemática específica, unha nova situación nos españois no exterior" e a iniciativa defendida buscaba "promover que o Servizo Exterior se adaptase" a estas esixencias", "cun plan que buscase aquelas problemáticas específicas que xorden ao fío do que a ministra de traballo chamaba mobilidade exterior". Razón pola que criticou que a emenda popular só formulase que as embaixadas e consulados "sigan actuado como antes", cando non había esta situación; actitude que cualificou de "frivolidade" e "irresponsabilidade".

O relator socialista subliñou que agora "hai problemas con moitos españois que viaxan ao estranxeiro" "para buscar traballo", xurdiron "mafias en Europa que se dedican aos contratos fraudulentos" e tamén hai casos de "rexeitamento en fronteiras" a españois en Latinoamérica, polo que se preguntou "se non se pode pensar un pouco nas persoas". Así, instou ao PP a unha "reflexión" pois se trata de "sentido común na obrigatoriedade dos gobernos de solucionar os problemas dos seus cidadáns".

Desmantelamento da Oficina Consular en Basilea
Por outro lado, Juan Moscoso del Prado lamentou o rexeitamento do PP ao proposición non de lei que defendeu sobre o desmantelamento da Oficina Consular en Basilea, rexistrada o ano pasado "como consecuencia do grave malestar" que xerou entre a colonia española na cidade suíza, dado que o devandito peche afecta aos servizos da Oficina de Emprego e Seguridade Social e á desaparición da súa Agrupación de Lingua e Cultura española da unidade ALCE. Co que tres ministerios de grande importancia para a colonia española deciden suprimir de golpe as súas unidades.

O responsable socialista sinalou que o devandito peche se produce "sen contar coa participación dos cidadáns españois" a través da súa representación institucional nestes países. Por iso, apostou por protexer os españois no exterior e dar maior protección á cultura e educación do noso país, como no caso de Basilea, cidade na que viven 10.000 españois e que segundo os últimos datos, a poboación está a crecer, asegurou.

Así, recordou que ante a difícil situación económica que nos afecta é preciso "impulsar políticas de emprego para os emigrantes españois". "Case un millón de españois saíron recentemente fóra a traballar e mentres tanto, pechamos oficinas onde se ofrecen servizos de emprego e servizos sociais básicos para as familias", criticou.

Ademais, Moscoso del Prado lamentou que durante a tramitación do Proxecto de Lei de Acción e do Servizo Exterior do Estado no Senado, a parte que se dedicaba ao reforzo administrativo para os profesionais e o seu recoñecemento laboral no exterior foi eliminada mediante unha emenda do PP, que remata coa transacción pactada por todos os grupos -incluído o PP-.

Por último, incidiu na importancia da acción educativa no exterior para os cidadáns españois que residen fóra e a necesidade de "informar previamente a Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso", con motivo da tramitación do Proxecto de Lei de Acción e do Servizo Exterior do Estado. "Queremos que se informe a esta Comisión dos próximos axustes que se fagan no Servizo Exterior, de cantos se van pechar e que se potencien as oficinas de protección dos españois no exterior, tal como o Goberno di que fai pero non o leva á práctica, ao ser un elemento estratéxico para o noso país".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar