O PP rexeita consensuar unha postura galega para o pacto educativo

O PP rexeita consensuar unha postura galega para o pacto educativo

O PP rexeita consensuar unha postura galega para o pacto educativo

O PP vén de botar abaixo no Parlamento unha proposición non de lei do portavoz de educación, Luis Álvarez, na que reclamaba que a Xunta puxese en marcha os mecanismos necesarios “para acadar unha posición de consenso” das forzas políticas en Galicia e trasladala á Comisión Xeral das Comunidades Autónomas no Senado para o pacto educativo. “Se queren substituír este acordo por un órgano técnico podemos marchar todos para a casa e pregar o Parlamento”, lamentou Álvarez ante a oposición do PP. “Ad impossibilia nemo tenetur” –ao imposible ninguén está obrigado-.

 

O socialista criticou o voto en contra a “unha petición de consenso” no Parlamento de Galicia, e lembrou que en Madrid o PP fala de chegar a acordos “porque non ten a maioría absoluta”. O pasado día 27, o conselleiro de Educación compareceu nesa Comisión do Senado por vez primeira “para defender a posición do goberno de Galicia, pero non a de Galicia”, dixo. Para isto fixo un chamamento a “un pacto de mínimos de todas as forzas”, porque os cidadáns están “fartos de tanto cambio, tanta incertidume e da alteración en función de quen goberne” dos plans educativos, e iso é “corresponsabilidade de todos”.

 

Álvarez apuntou á necesidade dunha “coordinación plena” entre o Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais, e a un pacto educativo que conte cos representantes sociais e sindicais, que respecte todas as singularidades e diferenzas das comunidades autónomas pero que “vertebre e blinde desde o punto de vista estrutural e financeiro o sistema educativo independentemente de quen goberne en cada momento”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar