O PP rexeita atopar unha solucción de viabilidade futura para as factorias de Alcoa en Galicia

O PP rexeita atopar unha solucción de viabilidade futura para as factorias de Alcoa en Galicia

O PP rexeita atopar unha solucción de viabilidade futura para as factorias de Alcoa en Galicia

O portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista Jose Luis Méndez Romeu dixo hoxe que o Ministro de Industria Jose Manuel Soria foi incapaz de traer hoxe a Alcoa “ningún compromiso, ningunha cifra, nin sequera unha liña nos orzamentos do Estado ou na reforma eléctrica”, que aínda esta en desenrolo.

Méndez Romeu fixo esta afirmación na deputación permanente celebrada hoxe no Parlamento, na que reclamou a comparecencia de Feijoo para dar conta das xestións realizadas e resultados acadados en relación a dar cumprimento ao acordo plenario do 10 de abril de 2012, para posibilitar a variación das tarifas eléctricas para a empresa ALCOA. A proposta foi rexeitada polo PP.

Na súa intervención lembrou que esta industria da traballo a mais de 4.000 persoas nas factorías de San Cibrao e de Coruña, na nosa Comunidade.

Dixo que Feijoo non se sinte comprometido “nin sequera polo mandato do parlamento para comparecer e dar conta das xestións realizadas”, xa que “delega nun enviado de Madrid (Ministro) que hoxe só promete seguir traballando”. Neste punto lembrou que Alcoa pechou xa unha factoría importante en Cerdeña, e actualmente esta empezando a expandirse no próximo oriente.

Advirte que os directivos do empresa xa trasladaron un calendario de actuacións, e que de non producirse “obrigara a tomar medidas de restrición”, insistiu. “Algo que xa se esta notando na carteira de pedidos”, dixo.

Acusou ao Goberno de Feijoo de non adoptar ningunha medida anticiclica, xa que asegura que a folla de ruta do PP pasa por “subir impostos, recortar prestacións, reducir servicios públicos e minorar as rendas reais”.

Méndez Romeu reclamou unha política industrial “que debe comezar por manter as empresas que están traballando, e permitir así que sigan sendo viables”. Asegura que “non valen solucións transitorias, necesítanse un horizonte determinado que faga viable o investimento e o futuro das factorías de Alcoa”. O deputado socialista demandou unha nova tarificación de subministro eléctrico que implique unha minoración de custos sobre a tarifa vixente, e que teña un prazo de vixencia suficiente para levar adiante o plan de investimentos da empresa.

Desenrolo industrial en Galicia diminuíu un 7.1%

Replica que a política do industrial do PP “pasa pola inacción” e ironiza que Feijoo “é incapaz tamén de achegar acordos co Goberno de España”, do PP. E preguntouse “cando se producen tantos fracasos en que lado esta a dificultade?”, espetou. Ademais aseverou que as cifras de desenrolo industrial en Galicia indican que se perderon “mais de 31.000 empregos, o índice de Produción Industrial diminuíu en Galicia no ultimo ano nun 7.1%, e no conxunto do Estado houbo unha diminución de 1.8%”.

Dixo que as factorías de Alcoa compiten a nivel global e lembrou que o porto de San Cibrao “traballa so ao servicio de esta empresa”. Nese senso reclamou poñer en valor a enerxía deste pais e insistiu “hai que reclamar maior competitividade no desenrolo da industria a través de tarifas especiais”. E proseguiu” “pero Feijoo calou cando se aprobou o Real Decreto 1/2012 que liquidou completamente ao sector eólico galego, calou cando con 6.000 mil millóns de investimentos e os 6.000 postos de traballo pasaron a ser verbas, e calou cando se leva adiante a reforma enerxética e se esquece a Alcoa”.

Feijoo non amosa nin interese nin urxencia

Méndez Romeu reclamou unha vez mais a comparecencia de Feijoo “pero non para falar de contratos ficticios ou de propaganda, ou facer novos discursos como os diques flotantes ou a fabrica de coches eléctricos”, ámbolos dous inexistentes.
Afirma que Feijoo “non amosa nin interese, nin urxencia”, pola política industrial de Galicia. E lembrou que os propios traballadores das factorías tiveron que abandonar o seu posto de traballo e manifestarse diante de San Caetano para “para ser escoitados polo Goberno de Feijoo e o Conselleiro de Industria se dignara finalmente a recibilos”, tras un ano de mobilizacións.

E concluíu “fronte a este panorama o Ministro veu a Galicia a traer boas verbas, pero sen ningún compromiso”, resumiu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar