O PP rexeita abrirlle expediente ás subministradoras de enerxía polos cortes do temporal

O PP rexeita abrirlle expediente ás subministradoras de enerxía polos cortes do temporal

O PP rexeita abrirlle expediente ás subministradoras de enerxía polos cortes do temporal

O portavoz de Agricultura e Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe ao goberno galego que inicie un expediente contra as compañías eléctricas polos cortes de luz derivados do último temporal. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura celebrada hoxe que foi vetada polo PP.

O responsable socialista acusounos de impedir esixirlle compensacións ás compañías eléctricas polos danos derivados do retraso de ata 6 días na reparación do tendido que provocou importantes perdas nas economías particulares de milleiros de galegos e galegas. A situación derivou, dixo, da xestión “duns xerentes altamente cicateros e unha política de recortes” que se ceba no mantemento das liñas.

Quiroga sinalou que “as árbores caen, ese non é o problema” xa que “o problema é obrigarlles a pagarlle máis ás subcontratas que se encargan do mantemento do servizo e que se queixan de que non poden cubrir as incidencias con só dúas persoas para media provincia”.

Sinalou que a empresa mantén “os mesmos criterios de mantemento que en Castela e León e en Castela A Mancha, onde as incidencias que temos en Galicia danse cunha intensidade moito menor”.

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego “definir un protocolo de actuación, xuntamente coas compañías subministradoras de enerxía eléctrica, durante períodos con climatoloxía adversa, que permita garantir o subministro, ou minimizar o tempo de actuación e resposta en caso de corte do mesmo, nos fogares e empresas agrogandeiras”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar