O PP rexeita a proposta para impulsar unha política pesqueira común consensuada

O PP rexeita a proposta para impulsar unha política pesqueira común consensuada

O PP rexeita a proposta para impulsar unha política pesqueira común consensuada

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu na Comisión de Asuntos Europeos do Parlamento para defender a proposta do PSdeG-PSOE para a reforma da política común pesqueira.

Asegura que presenta este documento para aspirar a conseguir un texto consensuado que amose a posición de tódalas forzas políticas de Galicia neste asunto. O PP rexeitou este Plan.

Soneira denunciou que o Partido Popular non quere entrar no fondo desta cuestión, xa que asegura que non lles interesa atopar solucións aos problemas dos traballadores do mar de Galicia.

Explica que presentou esta proposta “porque creo de verdade que a Cámara Autonómica debe ser o foro dos problemas que preocupan aos cidadáns e máxime nestes momentos de crise”, insistiu. A portavoz de Pesca lamentou tamén que, unha vez mais, sexa a oposición quen teña que asumir o papel que corresponde ao goberno “en temas tan vitais para a economía de Galicia”.

Anunciou ademais que vai presentar esta proposta en como Proposición Non de Lei para debater novamente na Cámara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar