O PP rexeita a nosa proposta de pacto coas organizacións sindicais polo emprego e os servizos públicos

O PP rexeita a nosa proposta de pacto coas organizacións sindicais polo emprego e os servizos públicos

O PP rexeita a nosa proposta de pacto coas organizacións sindicais polo emprego e os servizos públicos

O portavoz de administración autonómica e función pública do grupo socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou un decálogo de medidas, rexeitadas polo grupo do PP, para que a Xunta “retome o diálogo social e a negociación colectiva” no sector público autonómico e acade un pacto polo emprego e a calidade dos servizos públicos para o período 2017-2020 coas organizacións sindicais. “É mellor un calendario de negociación que un de mobilizacións”, afirmou.

A proposta do socialista rexeitada cos votos do PP solicitaba o “compromiso firme” da Xunta para “establecer na maior brevidade un calendario de traballo cos sindicatos” para a mesa xeral de negociación e as correspondentes mesas sectoriais de empregados públicos coa fin de acadar acordos en dez puntos principais. Así, Villoslada apuntou a necesidade dun plan de oferta de emprego público para o período 2017-2020 “que permita recuperar as taxas de emprego estable perdido” entre 2009 e 2016, “impulsando as medidas precisas para a supresión da taxa de reposición de efectivos”. Lembrou que segundo datos da EPA, un de cada catro traballadores públicos en Galicia é temporal.

O socialista solicitou un calendario “previsible” para a consolidación de emprego temporal, funcionarización e promoción interna “que permita estabilizar o emprego público” e impulsar a suspendida carreira profesional de moitos colectivos, e reforzar os programas formativos da Escola Galega de Administración Pública para a identificación e reforzo de itinerarios profesionais, formación en competencias e apoio á promoción interna.

Outros dos obxectivos desta negociación colectiva é a derrogación da lei da Xunta de 2012 para levantar a suspensión de dereitos en temas como as libranzas e descansos, suprimir a penalización económica nas situacións de incapacidade temporal ou recuperar progresivamente as retribucións suspendidas e os plans de accións social minorados, cuns recortes “sen parangón no resto das administracións públicas en España”. Tamén establecer un mecanismo de convocatoria permanente de concursos de provisión de vacantes que evite a proliferación das comisións de servizo e dea “estabilidade” aos cadros de persoal, así como “unha nova estratexia de igualdade no emprego público” para o actual mandato.

Observatorio permanente por lei
Por outra banda, Villoslada chamou a establecer por lei “un observatorio permanente para a avaliación da calidade dos servizos públicos” que ademais da presenza dos órganos responsables da Administración autonómica conte coa participación das organizacións de usuarios e consumidores, dos sindicatos e de expertos. Villoslada lembrou o nulo diálogo da Xunta coas organizacións sindicais na actualidade, con exemplos como os Orzamentos e a reforma “unilateral e fraudulenta” da lei de emprego público a través da lei de Acompañamento, con “máis de 4.000 empregados públicos en ascuas”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar