O PP rexeita a iniciativa para aprobar de inmediato un plan especial da seca

O PP rexeita a iniciativa para aprobar de inmediato un plan especial da seca

O PP rexeita a iniciativa para aprobar de inmediato un plan especial da seca

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego esixiu no Parlamento ao Goberno galego a aprobación un Plan Especial de Actuación en situación de alerta eventual de sequia, como consta no Plan Hidrolóxico Nacional ou mesmo no borrador do Plan Hidrolóxico Bacia Galicia-Csota e demais lexislación comunitaria, estatal e autonómica. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

A responsable de Medio Ambiente demandou tamén avaliar a situación actual de seca, así como, as consecuencias sobre os distintos sectores da economía, do medio ambiente e sobre a garantía de abastecemento de auga á poboación.

A maiores esixiulle á Xunta que “poña en marcha as axudas necesarias destinadas aos sectores produtivos como a agricultura, a gandería, a viticultura que están sufrindo brutalmente as consecuencias desta seca”. Ademais instou ao Goberno galego a actuar con medidas de emerxencia naqueles sistemas de abastecemento que poidan poñer en risco a garantía de auga para a poboación ao longo do ano, así como, tomar medidas que eviten a sobreexplotación dos acuíferos que poidan estar xa danados.

Dixo que a seca en Galicia esta poñendo en perigo o abastecemento no verán e creando problemas tamén nos cultivos no rural, como xa sucedeu noutros anos, e acusou a Feijoo de ter como única previsión “esperar a que chova”.

Gallego esixiu que “se actúe xa”, e denunciou que as organizacións agrarias advirten que as perdas pola seca supoñen 7.000 euros para as explotacións de carne, e arredor de 11.000 euros para as explotacións de leite, sen falar dos danos nos rios e nos acuíferos.

Lembrou que outros gobernos, onde están pacendo a seca, están reclamando medidas diante da UE, como por exemplo o Ministro portugués que demanda que se autorice incrementar o nivel de "minimis" , que son as axudas directas que poderían outorgar entre a Xunta e o Goberno do Estado.

Obra hidráulica 209 millóns de euros menos

Nese senso reclamou “compromisos certos”, e non que o que se aprobou hoxe en na Mesa da seca en Madrid, “porque o que din que lle van dar hoxe aos agricultores é unha tomadura de pelo”. Xa que segundo a deputada as medidas impulsadas “sobre fiscalidade, axuste de módulos ou seguros é como non dicir nada”. Acusou a Feijoo de diminuír o orzamento da Xunta en obra hidráulica en 248 millóns de euros, dende o ano 2009.

Afirmou que a emenda do PP “chega tarde” xa que non se pode facer agora un protocolo de actuación para o mes de abril como propoñen, xa que lembra que o ano pasado foi o segundo ano máis seco dos últimos 50 anos. E insistiu nas súas criticas “non hai que facer un protocolo, hai que facer un Plan de Seca cómo mandan as normas estatais, comunitarias e autonómicas”, replicou.

Gallego retou ao conselleiro de Medio Ambiente e ao presidente da Xunta a que digan en sede parlamentaria “unha soa medida, informe ou axuda impulsada para este sector”, e critica “so hai declaracións e anuncios publicitarios, pero ningún compromiso”, lamentou. E concluíu “o PP non impulsou nin unha soa acción para cos galego que o están pasando mal por mor da seca”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar