O PP rexeita a creación dunha comisión para fomentar o emprego e a reactivación económica

O PP rexeita a creación dunha comisión para fomentar o emprego e a reactivación económica

O PP rexeita a creación dunha comisión para fomentar o emprego e a reactivación económica

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández interveu hoxe no Pleno do Parlamento para defender unha emenda na que reclamou ao Estado a transferencia das competencias en materia de formación continua. A proposta foi rexeitada polo PP.

O deputado demanda a totalidade dos fondos destinados á formación profesional como das competencias asociadas co fin de desenvolver a capacidade de xestión do subsistema de formación continua en Galicia.

O parlamentario socialista pediu o retorno da cota de participación en formación profesional das achegas do Fondo Social Europeo. E solicitou tamén a participación dos axentes sociais mais representativos de Galicia na xestión do subsistema de formación continua.

A maiores Fernández López tamén reclamou a constitución dunha Comisión parlamentaria co obxecto de dotar nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2012, un Plan adicional para o fomento de emprego e a reactivación económica, por importe aproximado de 120 millóns de euros, coa finalidade de promover ata 20.000 novos empregos, que debera facerse efectivo no próximo mes de xaneiro.

Demandou tamén tomar as medidas necesarias para levar a cabo a modernización dos servicios de emprego, e que se cumpran integramente os acordos do Dialogo Social asinados tanto polo anterior Goberno como polo actual.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar