O PP rexeita a comparecencia de Feijóo e Juárez no Pleno do Parlamento

O PP rexeita a comparecencia de Feijóo e Juárez no Pleno do Parlamento

O PP rexeita a comparecencia de Feijóo e Juárez no Pleno do Parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que Feijóo deixe a saída da crise en mans de “milagres teolóxicos” como unha suposta vitoria de Rajoy nas eleccións xerais. Así o dixo na Deputación Permanente do Parlamento celebrada a petición dos socialistas para pedir as comparecencias de Feijóo e o conselleiro de Medio Rural, que foron rexeitadas polo PP.

O responsable socialista aludiu así ás declaracións do presidente da Xunta e lembrou a que dixo que “en 45 días remataría co paro” para ter incrementado o número de parados nun 60 por cento dous anos e medio despois. Losada advertiu que a pesares destas cifras Rajoy “ameaza con aplicar o modelo de Feijóo en toda España, e ironizou co feito de que “seguro que pensan que si gañara tamén acabaría coa crise financeira internacional”.

Losada considerou “urxente” a comparecencia de Feijóo diante dos preto de 250.000 parados cos que conta hoxe Galicia e cando o paro medra en Galicia nunha taxa que duplica á taxa de España. Lembrou que o propio Feijóo pedira en 2008 a comparecencia de Touriño no verán cando en Galicia había menos de 150.000 desempregados, un 63 por cento menos que hoxe.

Criticou que mentres caída da ocupación duplica á media estatal “non sabemos ónde está a conselleira de Traballo” cando hai mais de 70.000 fogares con tódolos seus membros desempregados, un incremento de mais do 50 por cento dende que Feijóo tomou posesión. Engadiu que a produción industrial descendeu un 3,8 por cento no que vai de ano mentres en España aumentou un 1,2 por cento.

Potencia económica

Dixo que a economía galega “perde potencia e aceleración con relación á economía española”, cando o diferencial de PIB pasou de 0,8 por riba da media estatal en 2008 a desaparecer no primeiro trimestre de 2011. Tachou de “dramáticos” os datos turísticos, dixo que a obra pública da Xunta descendeu un 50 por cento, a débeda pública aumentou un 60 por cento e mais da metade dos galegos chegan con dificultade a fin de mes.

Dixo que Feijóo “ten que dar a cara diante do Parlamento como presidente da Xunta de Galicia” para dar conta desta situación así como polo copago sanitario que “négano en público pero o manteñen publicado nunha Orde de Facenda no DOG”, a reclamación dos 800 millóns de euros ao goberno de España que, engadiu, “agora son só 243, pero seguimos sen ter o informe xurídico – técnico que avale estas demandas”.

Tamén reclamou que o presidente da Xunta dea conta na Cámara da súa “suposta austeridade” cando hai 50 novos concellos do PP que están a ser mais caros hoxe que antes das eleccións municipais. Criticou tamén que mentres a Xunta recorreu o FROB 2 nos xulgados “hoxe non teñen empacho en colgarse a medalla do resultado final logo de utilizar este mecanismo de financiamento público” para as entidades financeiras.

Lumes

Losada lamentou tamén o rexeitamento por parte do PP da comparecencia do conselleiro de Medio Rural, xa que “temos a sensación de que o goberno galego non está sendo quén de responder axeitadamente e en tempo á problemática dos lumes en Galicia”. Esixiulle que explique “as liñas de actuación da Xunta de Galicia, agora que sabemos que ten o apoio do goberno de España e os ministerios implicados.

O responsable socialista advertiu que a situación de lumes forestais do ano 2006 empeorou notablemente en agosto, e que en xullo a situación era semellante á do mes de xullo deste ano. engadiu que “ogallá que esta situación non se repita nunca”, pero sinalou a lamentable carencia de “iniciativas, accións e ideas” amosada polo conselleiro do Medio Rural.

Comparecencias dos conselleiros

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que o PP considere “moito mais urxente” aprobar as comparecencias en comisión dos conselleiros de Facenda, Territorio e Industria “para facer campaña electoral do PP e atacar ao goberno do Estado”. Advertiu que mentres solicitan comparecer para falar do Consello de Política Fiscal e Financeira, do AVE ou do naval, “son incapaces de render contas das súas propias competencias”.

Considera “unha mágoa” que “non sexan quén de plantexalo os deputados do PP no Congreso e nin sequera as pida o PP, senón que é o goberno quen as pide pola vía de urxencia e o debatemos catro días despois, mentres a Deputación Permanente retrasouse 20 días desde que a solicitamos os socialistas de Galicia”.

Dixo que a Xunta “utiliza estas comparecencias para agochar a súa propia incapacidade no Goberno” e demostrarse “incapaces de presentar o informe que avala a solicitude de 805 ou 245 millóns de euros, tratan o naval en función de intereses partidarios e pedindo “axudas” prexudicando gravemente ás negociacións do Goberno en Bruxelas e non dan conta de que teñen ralentizadas ou paralizadas tódalas infraestruturas propias.

Así o dixo no debate da Deputación Permanente de hoxe a petición dos socialistas galegos para que o Parlamento habilite os meses de verán para avanzar no debate das leis de Mobilidade de Terras e dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia. dixo que “dende o comezo do mes de xullo e ata o día 19 o balance de traballo na Cámara foi tan só unha reunión de ponencia da Lei de Patrimonio da Xunta de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar