"O PP rexeita a Comisión de Seguimento de Infraestruturas para agochar e manipular a incapacidade da Xunta"

"O PP rexeita a Comisión de Seguimento de Infraestruturas para agochar e manipular a incapacidade da Xunta"

"O PP rexeita a Comisión de Seguimento de Infraestruturas para agochar e manipular a incapacidade da Xunta"

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pablo López Vidal, acusou ao PP de tentar “agochar e manipular a incapacidade da Xunta” ao rexeitar a Comisión de Seguimento das Infraestruturas autonómicas”. Así o dixo logo do rexeitamento por parte do PP a unha moción socialista no Pleno do Parlamento.

O responsable socialista esixiu á Xunta que responda diante do Parlamento de Galicia das infraestruturas da súa competencia tal e como o Ministerio de Fomento está a dar conta das súas actuacións na Comunidade Autónoma. Dixo que a Xunta “evita transparentar as súas paralizacións e retrasos nas infraestruturas” e cualificou de “cínico” que acumulen “anos de demora mentres esixen adiantos nas obras do AVE”.

López Vidal cualificou de “incuestionable” a rebaixa e minoración na contratación de obra pública competencia da Xunta, cun desplome dun 40 por cento nos cinco primeiros meses do ano cando deixaron 241 millóns de euros sen executar. Engadiu que “non podemos mentir, falsificar os datos nin certificar a realidade en falso” xa que “hoxe a Xunta non licita nin adxudica e augura unha reprogramación e rescisión das infraestruturas”.

O parlamentario socialista reclamara tamén nesta iniciativa que a Xunta aprobe de xeito definitivo o Plan Director de Estradas de Galicia –rebautizado Plan Move- xa que ata o momento “carece de soporte legal” xa que leva varios anos en tramitación sen ter sido debatido nin aprobado polo Parlamento, en contra do que dita a o Regulamento do Parlamento de Galicia –art. 142-.

Tamén esixiu á Xunta que remita un cronograma de actuacións prioritarias en materia de infraestruturas a licitar nesta lexislatura, que foi de novo rexeitado polo PP co que advertiu que “confirman novos retrasos e incumprimentos nos compromisos da Xunta”. Dixo que esta situación agrava os “dous anos perdidos” na construción das obras por parte do Goberno de Feijóo.

López Vidal lembrou que os fondos europeos son “finalistas” e cualificou de “grave” que sexan desviados a finalidades non previstas. Advertiu que a Xunta “está a chamar ás empresas anunciando que van rescindir os contratos” e denunciou así a paralización da estrada Vigo – Baiona – A Guarda ou a conexión da Vía Ártabra entre a AP-9 e a A-& e os retrasos na VAC Costa Norte.

Amosouse disposto a “falar do que faga falla” á hora de “recortar investimentos en cemento para destinalos a medicinas, libros de texto ou á atención á dependencia” pero “sempre coa condición de garantir os dereitos da cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar