O PP retirará as cotizacións por dependencia a 15.000 mulleres galegas

O PP retirará as cotizacións por dependencia a 15.000 mulleres galegas

O PP retirará as cotizacións por dependencia a 15.000 mulleres galegas

A secretaria de Medio Rural da Executiva do PSdeG-PSOE, Ana Doval, ven de acusar a Feijóo e ao PP de provocar un “drama social” ao retirar as cotizacións por Atención á Dependencia a 15.000 mulleres galegas, o 80 por cento delas no rural. Lamentou que a “nula sensibilidade” de Feijóo e de Rajoy provocará unha situación “dramática” a partir do próximo 1 de setembro.

 

Doval explicou que estas mulleres quedarán sen Seguridade Social nin posibilidade de acceder ás pensións contributivas, fundamentais para un colectivo que ata o momento compaxinaba a atención aos seus familiares dependentes co seu traballo no campo. Acusou ao PP de poñer “moi difícil” a situación destes sectores afectados pola suba do IVE, dos prezos dos piensos, ou a especulación co leite”.

 

Sinalou que “mentres Montoro, De Guindos ou Feijóo falan dos custes de 2013 ou dos recortes de 2014 hoxe hai milleiros de galegos e galegas que non saben cales van ser as súas contas en setembro” e esixiulles “que se poñan no problema do día a día do país”. Anunciou que os socialistas “non vamos deixar tirados aos nosos maiores”, especialmente aos que integran un sector agrogandeiro “estratéxico que require medidas estratéxicas”.

 

A responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que “non siga destruíndo os pasos dados na última década para a vertebración social e territorial de Galicia e a prol da igualdade oportunidades entre o medio rural e urbano”.

 

Instouno a “mirar mais a Galicia e menos para Madrid e o que lle pasa aos ministros” e engadiu que “á marxe de discrepancias políticas, é incontestable que o xa desangrado medio rural está a sufrir novos cortes día a día”.

 

Dirixiuse a Feijóo para esixir “mais política e menos mercado e tecnocracia no medio rural, que xa sabemos que trae recortes na dependencia, peches de escolas e suba prezos para os gandeiros que non saben cómo van poder xestionar as súas explotacións”. A responsable socialista apuntou que “igual que non sobran concelleiros no medio rural, non sobran gandeiros, nin atención á dependencia nin mestres no medio rural”.

 

Sindicatos agrogandeiros

 

Ana Doval salientou tamén o apoio dos socialistas galegos ás demandas dos sindicatos agrogandeiros e dun sector fundamental da poboación que entende o medio rural “como un medio de vida”. Así o dixo logo dun encontro dos sindicatos agrarios co Grupo Parlamentario, e subliñou “vai estar en tódalas mobilizacións e vai apoiar tódalas accións do sector en defensa do medio rural”.

 

Apuntou que os socialistas galegos “estamos onde temos que estar”, apoiando ao sector agrario, tal e como fixeron os concelleiros e concelleiras socialistas que votaron a favor das mocións presentadas a proposta dos sindicatos gandeiros para defender o sector lácteo.

 

Sinalou a participación dos socialistas galegos nas concentracións comarcais que comezan este venres e chamou ao poder municipal do PP a que se una a estas protestas e que as mocións “non queden como unha foto para a galería”.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar