O PP respalda despidos "a prezo de saldo" en empresas con beneficios

O PP respalda despidos "a prezo de saldo" en empresas con beneficios

O PP respalda despidos "a prezo de saldo" en empresas con beneficios

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou hoxe ao PP de apoiar que empresas con beneficios poidan despedir a traballadores e traballadoras mentres bonifican aos directivos ao amparo da reforma laboral. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha proposta socialista en contra destas medidas que están sendo aplicadas en Galicia por Audasa.

A responsable socialista lamentou o voto en contra do PP a esta proposta dirixida a que as empresas con beneficios non poidan “utilizar unha caída circunstancial de ingresos para facer despedimentos e precarizar o emprego” ao tempo que abonan compensacións aos equipos directivos. Dixo que estes casos estanse a reflectir “día a día” en todo o territorio nacional logo da aprobación da reforma laboral de Rajoy.

Apuntou así o caso de Audasa, que aproveitou a reforma para reducir a súa plantilla en Galicia malia ter rexistrado uns beneficios de 52 millóns de euros, que eran “un pouco mais cativos que o ano anterior”. Sinalou que en canto foi publicada a reforma laboral informou a dous traballadores dun traslado a 150 quilómetros e outros 6 unha redución da xornada á metade, mentres a alternativa era o despedimento “a prezo de saldo”.

Esta mesma empresa, mentres aproveita a anulación dos dereitos dos traballadores poñendo “na rúa” a traballadores, ademais de deteriorar o nivel de calidade dos usuarios, no mesmo exercicio económico incrementa nun 2,7 por cento as retribucións do Consello de Administración.

Criticou que a reforma do PP establece que as caídas de ingresos sexan aproveitadas para facer limpeza laboral nas empresas que pola contra non están obrigadas a recuperar aos traballadores cando recuperen o nivel de ingresos.

Sonotone

Caride recomendoulle ao PP “un sonotone” para escoitar aos galegos e galegas que saíron ás rúas en contra da reforma laboral e que “non cren que abaratar o despedimento para contratar con menos dereitos laborais sexa garantía de emprego”. Advertiu que “xa saben en qué consisten e qué resultados dan as receitas do PP, que tradúcense en mais paro e peor calidade de vida”.

Así o evidencian os últimos datos de paro do mes de marzo, no que foron destruídos 68 empregos cada día só en Galicia, que sumou 27.549 parados mais que fai un ano, con taxas de destrución de emprego por riba de España. Sinalou que “os únicos beneficiarios da reforma laboral son aqueles que queiran facer limpeza con menos dereitos para os traballadores e aproveitar para aforrarse cartos”.

Dixo que as empresas están aproveitando para retirar os EREs que tiñan presentados antes da reforma para volver a presentalos en condicións moito mais vantaxosas, co que “os que pagan os custes da crise son os traballadores, nomeadamente os de mais de 50 anos e con cargas familiares, mentres o PP amósase satisfeito”.

Iniciativa aprobada

A Comisión de Economía do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para rexeitar “calquera recorte ou limitación nas prestacións ou subsidios por desemprego”. A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, advertiu que os orzamentos de Rajoy recortan as prestacións en 1.500 millóns de euros.

Sinalou que este recorte mantense malia a previsión de aumento no número de desempregados en 630.000 persoas, co que “cando chegue o momento recortarán os dereitos do desempregados porque non se cumprirán as cifras”.

Caride reclamou ao PP o apoio para que a crise non sexa unha escusa para recortar as prestacións e subsidios por desemprego. Así, recordou que o goberno carece de iniciativas para a reactivación económica malia as previsións de incremento do paro.

Explicou que o Goberno prevé 1.500 millóns de euros menos para políticas activas de emprego e outro tanto para o pago de prestacións por desemprego, polo que “é preciso balizar o actual nivel de cobertura ao desemprego para que ninguén quede abandonado á súa sorte”. Reclamou un “posicionamento claro e contundente do Parlamento para que baixo ningún concepto se modifiquen as prestacións aos desempregados”.

Lembrou a falla de fiabilidade do PP, que incumpriu reiteradamente os seus compromisos tanto en Galicia co contrato coa cidadanía que Feijóo converteu en papel mollado, como no Goberno central, onde Rajoy incumpríu tódolos seus compromisos e subiu os impostos, abaratou o despido e levou adiante unha amnistía fiscal “inxusta e bastante barata”.

Trato diferencial

A responsable socialista considerou “paradoxal e chocante” que mentres o Goberno anuncia unha amnistía fiscal para os grandes defraudadores anuncie que perseguirá “con todo o peso da lei” aos que perciban 420 euros por subsidio de desemprego. Caride subliñou que a persecución e intolerancia cos defraudadores “debe ser para todos e todas”.

Criticou o “trato absolutamente diferencial” do goberno e do PP, xa que “aos que defraudan moito durante moito tempo ofrécenlles guante de seda mentres aos que perciben as prestacións por desemprego dedican toda a vixilancia”. Dixo que “todos temos que cumprir a Lei,  pero o discurso soa rancio e non semella igualitario e xusto por parte dun PP que hai meses desbotaba a amnistía fiscal por inxusta”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar