O PP renuncia a 310 millóns de euros ao votar no Parlamento contra a flexibilización do obxectivo de déficit para Galicia

O PP renuncia a 310 millóns de euros ao votar no Parlamento contra a flexibilización do obxectivo de déficit para Galicia

O PP renuncia a 310 millóns de euros ao votar no Parlamento contra a flexibilización do obxectivo de déficit para Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao PPdeG de renunciar a 310 millóns de euros adicionais para os orzamentos de Galicia ao votar contra unha iniciativa socialista para que Galicia se sume á flexibilización do obxectivo de déficit. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei socialista na Comisión de Economía que foi rexeitada polo PP.

Os socialistas reclamaban de que a Xunta se sume á flexibilización do obxectivo de déficit que ven de aprobar o Congreso de Ministros. Losada apuntou que un incremento do límite en cinco décimas do PIB, o que suporía 310 millóns adicionais para os orzamentos de Galicia.

O responsable socialista sinalou que esta negativa evidencia o “teatro” do PPdeG, que ven de anunciar un cambio de postura para aceptar esta flexibilización e agora votan en contra, co que “ou enganaron antes, ou enganan agora, ou enganan sempre”.

Losada explicou que esta iniciativa reclamáballe á Xunta “defender as ferramentas de política económica de que poida dispor” pra blindar os servizos públicos mentres o PP “quere desmantelar os servizos públicos para aumentar as contas de ingresos das empresas privadas”. Lamentou que Feijóo teña “aceptado de maneira vergonzante” unha estratexia de axuste do déficit do PP que prexudica a Galicia.

Cualificou de “impresentable” e un “insulto para os fogares sen ingresos” que Feijóo se teña posto “a camiseta de campión da ortodoxia” do déficit cero, e engadiu que se trata dunha “tomadura de pelo” que revela a súa “desconexión da realidade” coa “frivolidade de manter unhas cifras desconectadas da realidade”.

Sinalou que ao presidente da Xunta “fáltalle unha antoloxía de relatos” logo de levar cinco anos “sen ter aportado ningunha liña mais alá do discurso da austeridade, que revela unha pura ideoloxía e puro negocio”. Lamentou que faga seguidismo da estratexia do PP de “recentralizar a prol do goberno central e as deputacións e en detrimento das Comunidades Autónomas e dos concellos”.

Advertiu que continuar coa estratexia da austeridade sen incorporar medidas de impulso económico e para a creación de emprego constitúe a “crónica dunha morte anunciada” que condena á economía galega e nacional a unha “espiral recesiva difícil de combater coas políticas económicas da dereita”.

Iniciativa

A iniciativa aprobada hoxe reclamáballe á Xunta que se dirixa ao Goberno de España para modificar os obxectivos do déficit establecendo “uns prazos superiores en base ás prórrogas concedidas pola Comisión Europea na senda de consolidación fiscal das finanzas públicas”.

O Grupo Socialista mesmo admitiu dúas emendas presentadas polo PP e mailo BNG para subliñar a utilización de criterios obxectivos no reparto dos obxectivos de déficit e para amosar a oposición ao Pacto de Estabilidade e Crecemento, tal e como está concibido neste momento, e asinado polos estados membros da UE, a pesares do que o PP votou en contra.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar