O PP reduce do orzamento estatal para a Real Academia Galega en máis de 300.000 euros

O PP reduce do orzamento estatal para a Real Academia Galega en máis de 300.000 euros

O PP reduce do orzamento estatal para a Real Academia Galega en máis de 300.000 euros

Guillermo Meijón, autor da emenda do PSOE que pedía incrementar o orzamento da RAG até alcanzar 1 millón de euros, destaca que “o desprezo polas linguas autonómicas está no ADN do PP de Rajoy e Feijoo”

Critica que a achega da Xunta á RAG é menos da metade que a do Estado, e sinala que o grupo popular do Parlamento galego terá oportunidade nos próximos días de votar a favor unha PNL do grupo socialista que trata de igualar ambos os orzamentos e evitar a infrafinanciación da RAG

O PP rexeitou no Congreso a emenda do PSOE promovida polos deputados socialistas galegos no Congreso que pedía incrementar en 600.000 euros o orzamento estatal para a Real Academia Galega, para que a partida orzamentaria final ascendese a 1 millón de euros.

Das emendas que os diferentes grupos parlamentarios presentaran no Congreso para incrementar a partida orzamentaria da RAG só foi aprobada a do PP, que pedía un incremento de tan só 300.000 euros, co que a partida final aprobada será de algo máis de 680.000.

O deputado socialista pontevedrés Guillermo Meijón, autor da emenda socialista, destaca que “o Goberno Socialista dotou con 1 millón de euros o orzamento estatal para a Real Academia Galega no exercicio anterior e hoxe o Goberno do PP reduciu ese orzamento para este exercicio en máis de 300.000 euros”.

Meijón lamenta así “o desprezo polas linguas autonómicas do que fixo gala hoxe unha vez máis o PP”. “Este desprezo -engade- está no ADN do PP, de Rajoy e de Feijoo”.

Deste xeito, apunta “o continuo propósito do Goberno do PP de minguar ao mínimo os recursos públicos destinados á lingua galega, o trato que recibe a lingua galega por parte da Xunta de Feijoo e a diminución en máis dun 50% nas achegas da Xunta a favor da lingua galega”.

Así, critica que “a achega da Xunta á Real Academia Galega é menos da metade que a do Estado”. Neste sentido advirte que “o grupo popular do Parlamento galego terá oportunidade nos próximos días de votar a favor dunha Proposición non de Lei do PSdeG que trata de igualar ambos os orzamentos e evitar a infrafinanciación da RAG”

“Aínda por riba -engade- os deputados galegos do PP no Congreso pretenden vender como un gran logro a aprobación da súa emenda a pesar de que esta sitúa o orzamento para a RAG en menos de 700.000 euros fronte ao millón de euros que había orzados no exercicio anterior polo Goberno Socialista”.

“O que ocorre -incide- é que os deputados galegos do PP no Congreso, con Ana Belén Vázquez á fronte, pretenden realizar un agrandado exercicio de entusiasmo para ocultar o rexeitamento do seu grupo, e o seu propio, ás emendas do PSOE e do BNG que defendían preservar o millón de euros aprobado o pasado exercicio económico”.

Lembra Meijón que a deputada popular Vázquez chegou a faltar á verdade afirmando que a emenda do PSOE pedía menos diñeiro para a RAG que para as academias vasca e catalá e iso provocaba o voto en contra do PP. “A realidade é que o apoio do PP á lingua galega é escaso e a emenda dos deputados galegos do PP aprobada hoxe para a RAG non consegue ocultalo”

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar