O PP recoñece que incumprirá o convenio colectivo para persoal de prevención de incendios

O PP recoñece que incumprirá o convenio colectivo para persoal de prevención de incendios

O PP recoñece que incumprirá o convenio colectivo para persoal de prevención de incendios

continua-activo-el-incendio-en-el-parque-natural-de-as-fragas-do-eume-a-coruna$599x0O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu que o PP “recoñeceu hoxe publicamente que incumprirá o convenio colectivo asinado co persoal de prevención de incendios hai 5 anos”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión na que os socialistas galegos reclamaron o recoñecemento da categoría de bombeiro forestal, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista sinala que a intervención do portavoz do PP serviu hoxe para quitarse a careta e recoñecer que “non cren no servizo de prevención de incendios e non queren cumprir un convenio colectivo que consideran unha parvada que non vale para nada e que será substituído por outro diferente”.

García advertiu que o PP “despreza o servizo”, non quere unha prevención e defensa contra incendios pública e centralizada, e por iso quere desmantelalo para impoñer un modelo baseado nas brigadas municipais e na externalización de servizos. Por iso está a deixar as baixas sen cubrir, permite o deterioro das condicións de traballo e enceta unha estratexia de “denigrar o servizo para implantar outro que considera mellor”.

Os socialistas galegos reclamaran hoxe á Xunta que cumprira o convenio colectivo de persoal laboral da Xunta, nomeadamente no relativo a este persoal, que tiña previsto cambiar a denominación de peóns, peóns condutores, xefes de cuadrilla, vixiantes móbiles e condutores de motobomba polo de Bombeiros Forestais.

Lembrou que a creación desta categoría, que no seu momento non estaba habilitada, depende agora exclusivamente da Xunta de Galicia grazas ao real decreto 1591/2010, de 26 de novembro, polo que se aproba a Clasificación Nacional de Ocupacións. Sinalou que en lugar de seguir a outras comunidades autónomas, neste aspecto Galicia debera ser pioneira por canto leva mais de 20 anos soportando a metade dos lumes do Estado.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar