O PP rechaza tomar medidas ante os "problemas de mobilidade e seguridade graves" na estrada PO-313 ó seu paso por Moaña

O PP rechaza tomar medidas ante os "problemas de mobilidade e seguridade graves" na estrada PO-313 ó seu paso por Moaña

O PP rechaza tomar medidas ante os “problemas de mobilidade e seguridade graves” na estrada PO-313 ó seu paso por Moaña

A deputada socialista María Pierres denunciou esta mañá en comisión parlamentaria a existencia de “problemas de mobilidade e seguridade graves” na estrada PO-313 ó seu paso por Moaña, especialmente no tramo que discorre próximo ó CEIP Quintela. Pierres presentou unha proposición non de Lei neste sentido que foi vetada polo PP.

Nesta iniciativa instaba á Xunta a elaborar un proxecto integral da estrada PO-313 que contemple medidas de seguridade viaria na zona relacionadas coa utilización diaria de peóns, e a reclamar ó Goberno do Estado a posta en marcha de vixilancia  para asegurar a seguridade viaria.

Pierres reclamou “medidas urxentes” nunha vía “altamente utilizada tódolos días por pais, nais e fillos”, e que transcorre ante o único centro educativo que non conta con transporte escolar, o que implica que os escolares teñan que acceder ó mesmo a través de beirrarúas “demasiado estreitas, e en estado de desintegración”.

O estado de deterioro desta vía, “con afundimentos e roturas importantes”, está a provocar “múltiples queixas das asociacións veciñais da zona, da comunidade educativa e do propio concello á Axencia Galega de Infraestruturas”.

A estrada padece ademais as consecuencias do incremento de tráfico por mor dos cortes intermitentes do corredor do Morrazo durante as obras de desdobramento, que “non fixeron máis que agravar os problemas da vía”, sen que existan “medidas do calmado do tráfico que garantan a seguridade”.

 

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar